Jenaro Castro
TRAZADO HORIZONTAL
Eclipse total en España
RECUNCHO HEBDOMADARIO
Cando me dixeron que dos dous terremotos de magnitude 7,2 e 7,5 que sacudiran Venezuela, quedei profundamente abraiado. A primeira idea que me veu á cabeza foi que, con toda seguridade, habería numerosas vítimas e importantes danos materiais. Un terremoto desa intensidade xa é unha desgraza en calquera parte do mundo, pero, por desgraza, non todos os países están igual de preparados para facerlle fronte. Non é o mesmo un sismo destas características en Xapón ca en Venezuela. Do mesmo xeito que non é o mesmo unha hectárea de terreo en Castela ca unha hectárea en Galicia, tampouco as consecuencias dunha catástrofe natural son iguais segundo o lugar onde acontezan.
Xapón leva décadas investindo en tecnoloxía, prevención e construcións capaces de resistir fortes movementos sísmicos. A súa poboación sabe como actuar e as autoridades contan con protocolos moi eficaces. Pola contra, Venezuela, afogada por unha longa crise económica e social, non dispón dos mesmos recursos nin das mesmas infraestruturas. Iso fai que un fenómeno natural acabe converténdose nunha traxedia humana moito maior. Ó final, as catástrofes sempre golpean con máis forza os pobos que xa viven en condicións difíciles. Como di o refrán, “a can fraco, todo se lle volven pulgas”.
Aínda hoxe sigo impresionado pola magnitude do sucedido e, sobre todo, porque aconteceu nun país ó que lle teño un cariño especial. Venezuela sempre estivo moi presente entre nós pola enorme relación histórica que mantén con Galicia e pola cantidade de familias que, nun ou noutro momento, cruzaron o Atlántico buscando unha vida mellor. Ademais, estes días, co Mundial de fútbol como tema recorrente, volveume á cabeza unha desas curiosidades que adoito lembrar: cantas veces participou Venezuela nun Mundial? Ningunha. Como me gusta o fútbol e tamén lle gardo afecto a ese país, é unha desas preguntas do trivial que nunca esquezo.
Nestes momentos difíciles son moitas as persoas que expresan a súa solidariedade co pobo venezolano, e iso sempre é de agradecer. Con todo, tamén resulta imposible non percibir certa dose de hipocrisía. As redes sociais énchense de mensaxes de apoio, condolencias e palabras fermosas, pero non hai tanto tempo moitos deses mesmos venezolanos eran vistos con desconfianza, con receo, con temor. Dicíaselles que viñan quitar o traballo, que eran unha carga ou que sobraban entre nós.
Moita forza e ánimo para ese marabilloso pobo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jenaro Castro
TRAZADO HORIZONTAL
Eclipse total en España
Carlos Risco
LOS ASUNTOS IMPORTANTES
Sobre la bici tempranista
Juan Andrés Hervella
IGREXAS E CAPELAS OURENSÁS
Construcións obxectivas, hórreos
Mariluz Villar
MUJERES
Eterno Mark Twain
Lo último
EL FUEGO ALCANZA LA VEGETACIÓN
Galería | Arde un autobús con 63 pasajeros en la AG-53 a su paso por San Cristovo de Cea, en fotos