Caro erro de cálculo

O AFIADOR

Publicado: 02 oct 2026 - 06:55
Lalo Pavón
Lalo Pavón | La Región

A Maricarmen máis famosa dos últimos tempos, desafiuzada da vivenda do centro de Madrid na que residiu durante sete décadas, cos seus 87 anos e unha minusvalía considerable ás suas costas, Maricarmen, digo, volverá a ese fogar en canto recupere a saúde mínima para deixar o hospital no que quedou ingresada como consecuencia da presión sufrida na espectacular operación de desaloxo.

A volta atrás do que parecía imposible fíxose realidade grazas ao acordo dos caseiros cos representantes da popular inquilina. Por unha vez, o “sí se pode” coreado na rua aplicado a situacións inverosímiles, ganou unha partida que xa tiña enriba lousas tan pesadas como a da Xustiza, as forzas de orden público e o desvalimento da propia afectada. Esta última circunstancia, aparentemente tan etérea fronte ás anteriores razóns nos que se asentou o desafiuzamento, foi coa que non contaron os donos de Urbaxestión (Ricardo Alonso e Fernando Alonso).

Os que representa Maricarmen Abascal (o apelido parece unha ironía do destino) encaixou de cheo nese acotadísimo apartado- que unha vez prendida a mecha deriva en fenómeno inabordable, cal ríos ou lumes desbordados

A opinión pública, tan pouco considerada polos poderes públicos e privados, por dócil e abúlica de natural, ten de cando en vez puntos sensibles. Os que representa Maricarmen Abascal (o apelido parece unha ironía do destino) encaixou de cheo nese acotadísimo apartado- que unha vez prendida a mecha deriva en fenómeno inabordable, cal ríos ou lumes desbordados. Calesquera que sexan os efectos producidos por esa riada ou labareda desbocadas, o que suceda vai a ser anotado no debe do lado poderoso, neste caso os donos de Urbagestión, como perdedores netos.

A conciencia de que o desastre para os seus intereses -negocios- podería transformarse nunha situación de inavaliables consecuencias fíxolles apearse da prepotencia que ás veces acompaña ao poder, e botar man dunha estratexia asisada que calme a tempestade e lles devolva á normalidade da que nunca deberon saír. Cabería preguntarse si antes do sentidiño actuaban motu proprio ou se deixaron levar pola convicción de que a victoria era sua. En calquera caso, imperdoable erro de cálculo, porque non sempre a lei é xustiza nin estando da sua parte).

Por elo, sería bo que quenes atenden episodios tan desagradables -incluida a xustiza-, aproveitasen este zarandeo de conciencias para afinar a sensibilidade e non dañe a quen xa o ten todo perdido. Hai miles, moitos, de Maricarmen repartidos por España adiante, afectados por carencias máis alá dun teito no que acubillarse. Están incapacitados para sobrevivir con dignidade e teñen dereito a que a sociedade, a través das institución, poñan man no asunto como actuarían se fose cousa sua, porque o de todos, tamén é noso. Si o facemos, os Alonso e cada alonso que poida tentarnos aos demáis nalgún momento, daríamonos conta de que hai sensacións que o diñeiro nunca poderá dar.

Contenido patrocinado

stats