Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La cuenta de la autovía
En América naceron outrora dúas clases de institucións galegas: unhas lúdico-recreativas-culturais e outras mutuais e sanitarias. Nas primeiras, xúntanse os galegos para charlar, falar, comer, oír gaitas, ver de casar os fillos entre eles e, se tal, celebrar o día da patroa. Estas hainas de base local, onde había moitos galegos -tipo Centro Lalín, Betanzos, O Carballiño- e outras de Galicia toda, onde hai menos -tipo Centro Galego de Rosario- ou, tamén, como consecuencia de procesos de unificación como é o exitoso Centro Galicia de Buenos Aires. Os mutuais e sanitarios parten da realidade de que nas sociedades de chegada non había coberturas sanitarias públicas nin bancos que prestasen diñeiro a xentes que acababan de baixar do barco. Así, unhas derivaron en grandísimos centros de atención hospitalaria abertos non só á nosa colectividade senón a outras, das que a máis coñecida é o Centro Galego de Buenos Aires.
Os galegos en Montevideo son, eran, lexión. Sobre todo de determinadas zonas da costa. Tantos hai de Gondomar, Nigrán e Baiona, que ata se xoga alí aos bolos típicos e este ano cumpre os 75 anos o “Centro deportivo y social bolos del Valle Miñor”. Hai, tamén, un histórico e monumental Centro Galego, o máis antigo do mundo, desde 1879, moi avellentado, con grandes e elegantes salóns para actos públicos, abeirado, cando o vin, en 1992 por dous locais de luces vermellas, moito fume, escuridade, alcohol e mozas do oficio. Pero existen en Montevideo unha mutua que presta asistencia médica de calidade na súa sede central e en seis policlínicos repartidos pola capital. Chámase Casa de Galicia, e ten unha parte cultural -á imaxe do Centro Galego de Buenos Aires-, con biblioteca, teatro, danza, etc. Cóntolles un par de lembranzas da visita que fixen a esa casa nese ano 1992 en que andaba eu por alá abaixo participando na montaxe da primeira grande exposición do Consello da Cultura Galega sobre “Galicia e América” no Cabildo Viejo, e era alcalde o case ourensán de Vilar de Astrés, Tabare Vázquez.
O primeiro que me chamou a atención é que a sede da Casa de Galicia estaba situada na rúa 18 de Julio. Como puña nunha placa na rúa Avenida del Glorioso Movimiento Nacional del 18 de Julio. E explicáronme que si, efectivamente, nesa data comezara a axitación en pro da independencia de Uruguai, e que non pensase mal, que era unha data moi celebrada alá, lonxe das connotacións do día en España. E lembro, tamén, a sorpresa que levei cando nun piso elevado, se cadra preto da biblioteca Castelao, vin a escultura de Asorey “A Santa”. Esa moza espida, desafiante, de tamaño natural, en madeira, presentada, con certo escándalo, en 1926 á Exposición Nacional de Belas Artes, leva ao lombo un xugo e serve como metáfora de moitas cousas; incluso do propio país.
E si, vexo agora, tristemente, como a entidade se debate entre a vida e a morte, como tantas outras. A Administración dos Servizos de Saúde do Estado, quere quedarse coas instalacións todas e integralas nos seus servizos ante as dificultades económicas nas que vive e que provocaron un peche xudicial. É un proceso moi complexo, pero supoño que algo se poderá facer desde aquí e desde alá para que ese templo de memoria e galeguidade, de axuda mutua, de historia, poida continuar co seu labor. É parte fundamental da nosa galla de alén mar. Sen ela, somos menos nós. Ánimo e sorte.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La cuenta de la autovía
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El puente viejo que permiten seguir siendo viejo
Rosendo Luis Fernández
"No hay tutía"
Julián Pardinas Sanz
Una “verdad” bajo sospecha
Lo último
Xornal Escolar
Galería | Unha xornada musical en Celanova
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, miércoles 6 de mayo?