O néctar do nariz

Publicado: 16 ene 2008 - 01:00 Actualizado: 10 feb 2014 - 23:59

A Valeria Salerosa tiña o dedo índice metido nun orificio nasal mentres ollaba as páxinas deste xornal e cun café con leite á súa beira. Ante o ruído da porta da cafetaría ao abrirse, ergueu un pouco a cabeza e deixou que a súa ollada descansase na muller que estaba a entrar.

Un sorriso aflorou aos seus beizos, sacou o dedo do nariz e, sen disimulo, meteuno na boca para chupar o néctar da mucosidade que viaxaba prendido no furabolos.

Con dous bicos saudou á súa amiga Loreto Salazar e a pesar de lle notar un ricto estraño na súa cara.

En canto viu chegar á súa amiga Loreto, Valeria sacou o dedo do nariz e, sen disimulo, meteuno na boca O xesto procedía, claro está, por haber contemplado a acción de Valeria Salazar. Esta pensou que era algo noxento, aínda que ela tamén facía iso de cando en vez, principalmente nas esperas dos semáforos. En algo hai que matar o tempo.

Contenido patrocinado

stats