Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
103-13: Un sonrojo galáctico
Revolvo a cabeza, miro para atrás e vexo o ceo gris. Ameaza chuvia. Poida que chova ou poida que non. Máis seguro que chova. Escoito o “Cristo redentor” de Donald Byrd. É 30 de abril, ese mes que nos quitaron. Como a Joaquín Sabina. Pero é igual; mañá xa é maio. O mes das flores e, din, que das burras saídas. É xoves pola tarde e o bulebule das gallas dunha árbore dáme a entender que vai aire. Por iso digo que choverá. Porque despois do aire sempre asoma a chuvia. A natureza é sabia. Perdín a conta tamén dos días que levamos confinados. Pero tamén xa dá o mesmo; pouquiño a pouquiño xa estamos vencendo ó bicho. Agora xa é Leonard Bernstein o que asoma co “Prologue” da película “West Side Story”. Por certo, aquí titulárona “Amor sen barreiras”. Que terá que ver este co orixinal! Dicía que empezabamos a ver a fin do túnel. Confío en que este carallo -o túnel- non teña alá no fondo unha curva. Próenme os ollos e ráñoos un chisco. Sempre hai que rañarse onde proe ou onde pica. Non sexamos parvos de aguantar a dor; sempre hai que evitala como se poida; se é rañándoa pois rañámola. O lugar onde pica, non outras cousas. Seguro que haberá alguén que colla polo camiño que non é. Quédanlle poucas horas ó mes que nos roubaron. Quen o ía dicir! Roubarnos dous meses de vida... A ver se polo menos aprendemos un pouco a lección. De quen aprendo é de Simon e Garfunkel con “The Boxer”. Ouh, que marabilla! Vaise o abril e entra o maio, a fin do túnel, do buraco, da negrura.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
103-13: Un sonrojo galáctico
Jaime Noguerol
La sombra de Caín
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Ahorro
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Poema insignificante del redivivo
Lo último
24 HORAS PARA ALQUILAR
El reto de alquilar un piso en Ourense: “Hay anuncios que no duran ni un día”
PRÓRROGA DE ALQUILER
Hasta 5.000 contratos de alquiler en vilo por la prórroga del Gobierno