Lalo Pavón
O AFIADOR
A cidade de nunca xamais
O AFIADOR
A Xunta sorteará dentro duns días o acceso a 64 vivendas emprazadas no lugar denominado Cambedo da Raia, que non significa proximidade a Portugal, senón que está por enriba da rúa Seixalbo e da urbanización construída a finais dos anos noventa, á saída da cidade. Pon fin a dez anos de sequía de oferta pública de vivenda por parte da administración autonómica, agás as rehabilitacións no casco vello.
Será un feliz acontecemento para os afortunados adxudicatarios, pero tamén o reflexo da triste realidade dun territorio municipal que cumpre catro décadas, que se di axiña, co mesmo plan de urbanismo e sen visos de que tan anómala situación se vaia resolver a curto prazo. Onte mesmo transcendeu que a Xunta rexeitou o documento co que o Concello pretende resolver tal vergoña histórica, única entre as grandes urbes españolas.
O grupo de goberno nega tales defectos argumentando que fora consensuada coa propia Xunta a admisión dos erros, condicionados á súa resolución posterior á hipotética aprobación por parte do departamento autonómico correspondente. Sostén o concelleiro do asunto asinante que, de tratarse doutro concello distinto ao de Ourense, lle terían dado luz verde. Iso vén a equivaler a que quen asinase o documento cometeu prevaricación (ditar resolución inxusta a sabendas de que o é), co que iso suporía para quen fose responsable.
En 1995 aprobouse o primeiro intento dun novo plan urbanístico, que saíu adiante entre voces que alertaban de anomalías e mesmo ilegalidades no devandito documento que permitiría acompañar e estimular os retos de vivenda e a ordenación do territorio para o futuro do termo municipal. No paso polos xulgados cumpríronse os peores vaticinios, con nove sentenzas negativas por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e un pronunciamento ulterior do Supremo en tres anos.
Dende aquela afastada data pasaron vinte e seis [ou trinta e un] anos. Como é posible que nese tempo ou nos tres lustros cumpridos dende a última sentenza, resultase imposible argallar unha proposta na que primen os criterios expertos —que transcenda alucinacións sobre torres de 80 pisos e outros desvaríos, claro—, que poida ser asumida por toda ou —polo menos— a maioría da Corporación, como en miles de concellos do Estado? Que maldición nos sobrevoa para que traspasado o primeiro cuarto do século XXI non haxa chan dispoñible, que o termalismo non pase de utopía a pesar dos esforzos do profesor Vázquez Barquero; que carezcamos de aparcamentos públicos e convivamos co caos circulatorio, coa cultura dinamitada, cun transporte público vergonzante e cunha Alameda —outrora símbolo do lecer urbano— esnaquizada e mutada en mercado de abastos… Calquera sabe.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lalo Pavón
O AFIADOR
A cidade de nunca xamais
Rafael Dávila Álvarez
Recomendaciones antes de votar
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
O escornabois con vocación olímpica
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESFÍO
Sergio Ramírez en la RAE
Lo último
DEFENSOR DEL PROFESOR
Las agresiones de alumnos a docentes suben casi un 30%
CASA DE LA CULTURA
Viana celebrará Santa Cecilia con un festival
EMPIEZA EL 26 DE NOVIEMBRE
La Academia Médico-Quirúrgica presenta cinco encuentros para conocer mejor nuestra salud
El azul tras la tormenta