José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Dúas lendas de mouros en Muíños
Desde o CODICE (Colectivo Ourensán de Desentangarañadores de Ideas Comúns Esvaídas) pásanme un argumento para unha novela. Non me din se é histórica ou fantástica. Transcríbollelo por ver que lles parece e por se a queren escribir vostedes. Di así:
Poñámonos nos anos corenta, un bo mozo e listo, nado nunha vila ao pé da serra, Fernando por exemplo, chega de párroco á máis central das parroquias urbanas de Auria. É moi alegre e aberto para os tempos que corren. Seica "fala" cunha moza, cunha señorita. Algúns escandalízanse. Mediada a década, promóveno a bispo e marcha. Nunha vella vila lucense, pétrea e literaria, bota case ata o final dos corenta. Entrementres alí, nado no mesmo inicio dos trinta, un rapaz espelido estuda para crego. Coñécense. Un está nos corenta e xa sabe da vida; o outro remata a adolescencia no seminario. O agora bispo, sempre vital, solidario e comprensivo, medra. A finais dos corenta, marcha á capital. Alí, feliz, ocupa nobilísima cadeira e devece por facer cousas. Fai moitas. Seminarios, escavacións e, tamén, seica, un fillo á leiteira do palacio. Disque o cativo é cuspidiño. E precisa que lle boten unha man. Chama á corte eclesiástica ao rapaz espelido da vila que xa gastou varias sotanas; é o tal para gobernar certas cousas. Turra por el. Son liberais co Sexto, pero deben coidar as súas carreiras, e, fieis e podentes, deben coidar da súa xente. Ascende a arcebispo. A cardeal. Disque puido el ser papa. E tan dado e xeneroso, non quería deixar a semente desatendida. E dille á dignidade colaboradora: "Cóidame do rapaz... E cóidamo tamén cando eu non estea". O home da vila histórica de pedra e lousa sorrí circunspecto, e acena asentindo calado. Failles el chegar o alento; é o enlace.
A nai do cativo, cando o primado morre, reclama para el un oficio, un postiño; moito serviu a súa excelencia e o rapaz... Fiel á palabra, dálle unha colaboración elástica e aberta coa Catedral. Un pouco para todo, un pouco de todo. Pero o rapaz xa non é neno ningún. Desacougado coa orixe, ve medrar nel a cobiza de querer algo que non hai. Algún recoñecemento. Formar parte da Casa. Quere, polo amor da nai, ser algo alí. Do plantel. E sofre. E enfádase. E fai e desfai. E reza sen acougo e sen ver o futuro, sen entender moito o presente, mastigando néboa do pasado. E empeza a ver cousas. E ripa el tamén. Sistematicamente. É mostra do seu poder. E reza polo perdón. Pero el non perdoa que non o aloumiñen. E ripa, ripa. E almacena. E leva conta.
Un día, farto, o home serio quérese desfacer del. Para novo non vai e non quere que ninguén importune ese mundo pechado, de pedra, cera, ecos e silencios. O que fora rapaz séntese ofendido. Chora. Trema. Trama. Desacougado, cala. E un día colle aquilo que máis lle podía doer o home serio. E sorrí. E cala. E todos se descompoñen. El reza. E sorrí. E cala. E xa saben que é el. E cala. E reza. E sorrí. E ábrenlle o garaxe. E cala. E escribe cousas terribles e cribles para non dicir a verdade do desasosego íntimo. O home serio, avellentado de golpe polo silencio que o atafega, cala, e reza e suspira invocando a Deus para pasar xa o cáliz da vida. O que fora o rapaz da leiteira que se parecía ao cardeal, mira o chan. Calado. No fondo, sabe, non fixo ningunha morte, só que estaba anoxado. No fondo ninguén sabe as razóns do seu desacougo, do seu proceder. E por el, non se han saber. E cala. E calan.
Carallo para o argumento!, dixen. Daba para unha boa película. Histórica ou fantástica? Mmm.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Dúas lendas de mouros en Muíños
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Los años nunca volverán
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
Es usted muy gracioso, es usted muy ingeniosa
Alfredo Conde
A TRIRITA
Sobre gatos, ratos, monarcas e presidentes
Lo último
FALLO EN LAS LÍNEAS DE TRANSMISIÓN
Cuba sufre un nuevo apagón total de su sistema eléctrico, el octavo en el 2026
INICIO DE TEMPORADA
Moncho López: "Queremos ganar la final"
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 19 de septiembre?