Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Febrero, el coreógrafo breve
Séneca deixou dito, alá polo medio do século primeiro da era cristiá, que a ira ven sendo un xeito de tolemia que nos fai darlle a máxima importancia ó que carece por completo dela. Voulles pór un exemplo (algo autoinculpatorio, si, porque a cousa non lles vai dar pra tanto) da ira que pode espertar en min a insolencia dese espécime humano que aproveita o paso de peóns pra cruzalo con total indiferencia e parsimonia, tamén sen ningunha consideración pra co condutor que leva presa e non dispón da calma necesaria.
En tal ocasión o viandante camiña con ese paso exhibicionista que leva o toureiro, o matador de touros, cando fai o chamado paseillo e se vai achegando á tribuna na que asenta quen preside a corrida e dispón dun pano branco co que sinala a concesión dos apéndices auriculares do pobre bicho cando non tamén do rabo. En castelán, ou en idiolecto andalusí, non llo sei ben, esa actitude chamase chula. Vaia vostede sabelo.
O matador, que leva á súa cuadrilla seguindo o seu camiñar, está a ofrecer un espectáculo que a xente aplaude ó desfrutar del; porén o que está a facer peón o garrido e testan ven sendo algo así como un exercicio abusivo dun dereito.
Ignoro se a chamada “vergüenza torera” provén dalgún mestre da tauromaquia que se excedeu mantendo a súa pose dun xeito desacorde co dos outros dous toureiros; algo así coma Trump saudando brazo en alto co puño pechado, pode que si, pode que non.
A min recórdame, en calquera caso, a esas roldas de prensa nas que o xornalista pregunta o que quere, tal e como debe ser, e quen lle debe dar unha resposta dar dálla, pero sen responder en absoluto ó que lle foi requirido.
Estar está o prócer no seu dereito a responder como lle pete, substituído que está hoxe por esa nova especie dos “influencers”, agás no notorio caso de quen non o sexa, senón dun prócer con instrumentos abondo e capacidade suficiente pra responder, por exemplo, á pregunta de que caberá agardar no futuro da súa responsabilidade pra coa cultura do seu territorio. Se o prócer responde que lle gusta a ópera e que xa están celebrando unha mostra de pintura baixo o seu amparo, mal asunto. Exercicio abusivo do dereito a responder o que ll pete.
O prócer está pondo en evidencia a súa absoluta incapacidade de responder de acordo coa pregunta, deixando claro que carece por completo da resposta adecuada, ó tempo que deixa clara a súa ignorancia do territorio que pisa.
Só con certo estoicismo se respecta a continuación da pregunta, teimando de novo no mesmo sentido e reflexionando en que o interrogado fixo un alarde de vergonza toureira… se é que se pode cualificar así a súa actitude pois máis vale non lle dar importancia algunha a unha resposta tal e irritante, malia que o que manifesta sexa que a súa despreocupación atinxe a miles e máis miles de conxéneres. Millor regresar a Séneca e, seguindo o seu consello, practicar o arte de manter a calma.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Febrero, el coreógrafo breve
Fermín Bocos
La insostenible posición de Óscar Puente
Itxu Díaz
EL ÁLAMO
Faltaría más
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La creatividad y la política
PRIMERA FEB
El COB se ahoga en Fuenlabrada (78-71)
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 5 de febrero