Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Tensión e cansazo
Un percorrido que se mete nas montañas de Boyacá da inicio a "Señorita María, a faldra da montaña", unha viaxe en primeira persoa onde, ó final, se atopa unha muller de costas, a fin do noso camiño e o inicio da historia. Así foi como o director Rubén Mendoza atopou por primeira vez á señorita María, a unha beira da estrada no pobo de Boavita. Durante dous anos, achegouse á muller recluída e esquiva, envolta sobre si mesma, e foina esfollando pouco a pouco coa cámara en man.
Recluída porque a protagonista, que nacera como home, decide ós 18 anos deixar os pantalóns e afrontar o mundo para dicir que era e que sempre se sentira unha muller. Ten 45 anos e está viva de milagre. Colombia é un país violento con quen pensa diferente ou con quen se sae da norma. O seu pobo, conservador e católico, apartouna. Tivo que marxinarse e aferrarse a que ocorrera un milagre. No medio da súa soidade atopou a forza para non quebrar, para ser digna e valente nun país no que ser muller e campesiña é de por si motivo de exclusión.
A película descobre o factor humano da súa protagonista cunha ollada entrañable, a pesar das dificultades que narra o documental. Desde a coquetería inicial, que revela o seu corpo rebuldeiro cando avanza choutando sobre as pedras dun regato, ata a despedida final, que a abandona de novo á súa soidade. Seguir á señorita nos seus matices, coñecer a súa tenrura e a súa dor, achéganos a unha historia que non deixa de ser insólita cando o campo e a súa rudeza masculina permiten supoñer o que pasaría a heroica María Luisa na súa biografía, dignificándose a si mesma ante os prexuízos.
O plano misterioso da señorita partindo gallas, co arco da vella ó fondo, ou a imaxe que parece sacralizala, cando o mesmo arco da vella a enmarca e ela ensina o seu rostro de tímida serenidade ante a cámara, ten unha beleza dramática impresionante. Rubén Mendoza empregou seis anos para rodar un documental perturbador e de intensa humanidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Tensión e cansazo
Julia Navarro
Madres, padres
Evelio Traba
LEER ES UN PLACER
Crónica del perdón necesario
José Antonio Constenla
MI PLAN PERFECTO
Estoy otra vez allí
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Después del Código Hays
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 21 de agosto
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 21 de agosto
CONFLICTO BÉLICO
Trump comenzará una “gran guerra” económica ante Irán