Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Más ricos
Cando novelei a vida do marqués de Sargadelos e conde de Orbaiceta procurei documentarme. Comecei o proceso de coñecemento do personaxe convencido de que ía escribir a vida dun explotador, dun miserable, dun canalla e traidor á súa patria, en resume, dun mal nacido. Non foi así. Acabei escribindo a novela dun gran home e dunha gran persoa que é o que foi en realidade.
Traio a colación este recordo porque acaba de morrer Benigno Moure, sobre quen tamén escribín una novela consecuencia duns inicios que, á xente ourensá, non lle han resultar descoñecidos. Dende a partir da súa condición de sacerdote, levantou unha magna obra coñecida como a Fundación San Rosendo que non vou explicar agora no que se ocupa, pois todos a coñecemos.
Durante uns meses, semana a semana, luns tras luns, transcorreron as mañás de todos eses días mentres falaba con el indagando de primeira man todo aquelo que eu lera nos periódicos, escoitara nas emisoras de radio e contemplara nalgún que outro telexornal. Tamén, cada vez que me atopaba con algún vello amigo pola rúa, ó dicirlle en que me estaba ocupando, máis dun torcía o sorriso e deseguido me advertía: Benigno Moure, sacerdote crente en Deus (tamén os hai que non o son e o disimulan), fora xulgado e condenado por se facer co capital dunha anciá, acollida nunha das residencias fundadas polo crego; do crego do que acabei sendo amigo, admirador e defensor a ultranza como non era doado supoñer dende un comezo. Sucedeume con el o que xa me sucedera con Antonio Ibáñez. Menos mal que a Benigno, o meu amigo, a don Benigno o sacerdote, restáronlle por vivir unha decena máis de anos ata que entregou a súa alma ó Creador, no que cría e do que non só predicou ás súas crenzas senón que, a maiores, practicou estas e serviu á xente do seu pobo, do pobo común ó que todos nós pertencemos.
O que creo que debo dicir cada vez que o tema da súa vida se me prantexa, aínda hoxe, do xeito que explican estas liñas apresuradas; tan apresuradas como certas
Sei ben que isto que estou a escribir non é exactamente o obituario que se diría preceptivo. Pero é o que me sae dicir. O que creo que debo dicir cada vez que o tema da súa vida se me prantexa, aínda hoxe, do xeito que explican estas liñas apresuradas; tan apresuradas como certas. Benigno sufriu en silencio unha das campañas difamatorias máis asañadas que se deron neste país. Fíxoo en silencio e sen sinalar a ninguén co dedo. Quen queira coñecer o resultado daqueles meses que transcorreron mentres documentei e escribín a novela pode facelo léndoa, se é que a encontra porque non se reeditou dende entón.
Resumindo: Benigno Moure viviu modestamente mentres, a partires do feito de ser un precursor da realidade que agardaba por nós, polos galegos, soubo prever a despoboación do noso campo e o envellecemento dos seus habitantes antes, moito antes, de que o propio Goberno galego. Por iso creou as residencias prós vellos que quedarían arrombados nas aldeas ó tempo que creaba postos de traballo prá xente nova que xa non vivía do campo, porque o campo xa non era produtivo. A súa memoria merece unha homenaxe colectiva e un desagravio de todo canto foi culpabilizado porque os tempos, ás veces, son crueis cos millores de entre todos nós. A sociedade civil galega, non só a ourensá, está en débeda cun dos seus fillos máis preclaros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Más ricos
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
La Rosa de Oro
Francisco Lorenzo Amil
TRIBUNA
Las carnestolendas aurienses
Jesús Prieto Guijo
Pablo Hinojar es el modelo
Lo último
CENTROS VALENCIANOS EN EL EXTERIOR
Convenio entre el Consell, el Ayuntamiento de València y la Junta Central Fallera para facilitar la participación de los CEVEX en las Fallas
HOMENAJE DEL CRE DE PARÍS
Antonio García Tejedor, a sus 99 años es el consejero en activo de un CRE, más longevo del mundo