Eduardo Medrano
Motín de Esquilache
O AFIADOR
Se existiran cuestións de xeral consenso na humanidade adulta mundial, poderíamos adxudicarlle o primeiro lugar á importancia que teñen nenos e menores polo que significan biolóxicamente para a perpetuación da especie, así como pola cantidade de afecto que despertan converténdose en motores de vida para e expendedores de emocións de amor e afecto inmensurables para os seus.
Quenes son pais saben -e os que non, tamén, a través das vivencias como fillos- ata que punto as crianzas son centro e motor das familias, que dedican os maiores e mellores esforzos para conseguir que vivan tanta felicidade como xeran. A sua integridade física xunto co benestar vital e emocional son directamente proporcionais ao medo que alimentan nos seus protectores ante unha eventual quebra na soñada arcadia feliz que cada quen ansía para os seus churumbeles. Eles son centro do universo e para eles conseguimos dereitos que garantan o respecto e as atencións para crecer e formarse nas mellores condicións.
Aínda queda outra variante que xurde no ámbito doméstico cando fracasa a relación persoal dos adultos
Esto vale como descripción xeral, pero o mundo é demasiado grande, as persoas o suficientemente complexas e as circunstancias tan diversas, que a teoría escacha con frecuencia que as feridas das parellas trasládanse aos fillos, vítimas involuntarias da situación. Os efectos de desastres ou catástrofes diversas, a cuota de maldade humana, a avaricia, as ansias de poder, baixo múltiples presentacións e formatos (conflitos bélicos, guerras comerciais e outros abusos de poder), son axentes activos que atacan de xeito inmisericorde a individuos, persoas, pobos e sociedades para lograr pola forza os seus obxectivos fronte aos máis débiles.
Aínda queda outra variante que xurde no ámbito doméstico cando fracasa a relación persoal dos adultos. Habendo separacións que se solventan de xeito natural e civilizado, existe unha porción maior do que parece, nas que os menores resultan claramente afectados sin que se teñan en conta os seus intereses e necesidades. Clama ó ceo o triste, lamentable e escarnecedor espectáculo que dende hai máis dunha década ventilan nos xulgados a granadina Juana Rivas e o corso Francesco Arcuri. Non sei quen ten razón, pero é claro que a desavinza coloca ao fillo pequeno de ambos como vítima da flagrante violación dos dereitos dun menor, situado como vítima inmisericorde do pim, pam, pum da xenreira que se profesan seus pais e que os tribunais non consiguen parar nin resolver. En que condicións vai a chegar ao mundo adulto para vivir a sua vida? Pobre rapaz, que teña sorte, que a vai necesitar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
BALONCESTO FEMENINO
El primer brindis de Suso Garrido por el Ensino
PROGRAMA SEMANA SANTA
Magia, religión y cultura en la Semana Santa de Ribadavia