Jorge Vázquez
SENDA 0011
La copa la levanta uno
Das páxinas web máis interesantes que coñezo, hai unha de cartografía da Xunta, que no seu enderezo (http://mapas.xunta.es/visores/conservaciondanatureza/) é unha auténtica marabilla. Nela un pode ver, por exemplo, a sucesión de seis capas de fotos aéreas de toda Galicia desde o famoso "voo americano" de 1956-7 ao de 2014, escollendo en cada momento o "mapa de fondo" que a un lle pete. E pode superporlles moitas cousas escollendo a "capa" correspondente, incluso o castastro actual. E cando cambia a foto de fondo, non se move nin un milímetro a trama do catastro. Ou sexa, pode ver a evolución das construcións, camiños, estradas, vexetación, etc. durante máis de cincuenta anos, baixo as liñas transparentes das fincas. E saben que cousa é a que máis chama a atención? Pois algo que pode resultar raro a quen se enfronte ao tema con ideas preconcibidas. Que a pesar dos incendios forestais, hai hoxe moitísimas máis árbores ca nunca na historia de Galicia. E isto é, obviamente, síntoma dunha desgracia.
As transformacións na paisaxe vémolas clarísimas todos os que temos ollos activos e máis de cincuenta anos. O monte ocupa de forma inexorable o que eran centeeiras, veigas, lameiros veigas. Xa ninguén bota pan -ou sexa planta trigo ou centeo-, xa ninguén alinda gando -nin do leite se pode vivir-, e se se bota algo de millo, de patacas ou grelos é por irse entretendo mentres non chega a pensión. Xa pouca xente en idade de traballar queda no campo.
Vendo o mapa do voo americano do 1956 e o de 2014 -rétoos a que o fagan de sitios que coñecen- verán a explosión construtiva que houbo preto das cidades e vilas, e, sobre todo, o avance da selva, do monte, da contaminación arbórea. Si. O abandono da actividade agrícola non se produciu en favor do desenvolvemento do sector forestal, senón do puro e salvaxe abandono. E cumpría endereitar o tema.
Cando comece a arder de novo no verán -e este ano con tanta chuvia que houbo e tanta herba e "biomasa", arderá a diolas dar- non teñan medo á deforestación. Entre 1995 e 2008, o número de árbores en España incrementouse en 2.200 millóns; a maioría en Galicia. Non sei se sobrarán, pero nunca antes houbo tantos na historia. Lembremos que en frase atribuída a Estrabón -que nunca a dixo, por certo- un esquiu -ardilla pola fala castelá- podería ir de costa a costa saltando de árbore en árbore. Pero isto non era gabanza ningunha; era para dicir que se trataba de terra salvaxe. Logo, efectivamente, coa cultura, co cultivo -palabras irmás, claro- o monte recuou e humanizouse o espazo agrario en agras, leiras, eidos, lameiros, etc. etc. etc. e o monte era o residuo selvático que cumpría tamén a súa función. Ou sexa, o monte é caza, é paleolítico e depredación e recolección. E o prado gandería e o labradío, son neolítico cultivo e produción. É avance. Así, arestora, case abandonada a actividade agrogandeira produtiva, vén o monte a contaminar vexetalmente o medio outrora humanizado. Imos para atrás. O monte é ben bonito para dar un paseo, pero non se come. Só as setas. E para iso, cómpre coñecelas ben.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jorge Vázquez
SENDA 0011
La copa la levanta uno
Xavier Castro
A MESA Y MANTELES
Suplicio de Tántalo del labrador: criar carne y no poder comerla
Fernando Ramos
MI PLAN PERFECTO
Evocaciones de aquellos veranos ourensanos de antaño
Carlos Risco
COSAS QUE NO CONVIENEN
Creer que la naturaleza nos pertenece
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy, domingo 26 de julio
REUNIÓN CON LOS CLIENTES
Galería | La diáspora gallega en el exterior, protagonista de la X Romería Internacional de Abanca