Jenaro Castro
TRAZADO HORIZONTAL
El show de la tiranía
DIARIOS DO PASADO
A historia está protagonizada por humanos. Vaia novidade, dirán vostedes. De todos é sabido que as vicisitudes do noso planeta antes da nosa aparición é xeoloxía, bioloxía, zooloxía, etc., pero non historia. Co estudo da nosa especie, o Homo, con ascendentes que superan os catro millóns de anos, iniciase o coñecemento sobre nós mesmos. Inclúe todo o proceso evolutivo, dende o Ardipitecus ramidus aos sapiens actuais, a única especie humana que hoxe habita o planeta.
Precisamente porque a historia está protagonizada por humanos, ven cargada de episodios e accións do máis variado. No é función da historia xulgar, se non explicar as causas dos feitos, entender os porqués que provocaron as accións, fóra de criterios morais, mesmo maniqueos. Iso en canto á metodoloxía. Sen embargo os que investigamos nesta disciplina académica, tamén somos humanos e non é fácil subtraerse de valoracións que teñen que ver coa ideoloxía, coas crenzas ou coa forma de ver o mundo de cada estudoso, aínda que todos buscamos métodos e técnicas academicamente validadas. Existen regras moi valiosas, como a de non proxectar valores actuais sobre sociedades pasadas. Temos claro que os contemporáneos europeos occidentais, igual que os de outros lugares que comparten esa mesma cultura occidental, non deixamos de ser un compendio de pensamento -e valores- cribados pola formas de vida dos cazadores e dos primeiros agricultores prehistóricos, do mundo clásico que foi quen de erguer a civilización grecorromana, do Cristianismo, o Renacemento, ou a Ilustración. Todos, independentes das ideoloxías, teñen algunha representación na forma de pensar de cada un de nós.
Ata agora, tráiolles valores que a sociedade acorda como achegamentos positivos á nosa cultura, por moito que os historiadores intentemos fuxir de cualificativos que se reducen a bo e malo. Sen embargo, existen accións do pasado, da historia, que desacougan, precisamente porque como humanos que somos, todos a construímos no día a día e algúns intentamos desentrañala dende a nosa profesión. Chegue con lembrar as horribles penas de morte que ideamos. Suplicios como a crucifixión ou a exposición ás feras no anfiteatro romano, as refinadas torturas inquisitoriais ou os exterminios planificados cunha frialdade que sobrecolle ata ao espírito máis temperado.
Estes día estou arrepiado lendo a prensa, porque en pleno lecer dos magostos saltaba unha noticia inquietante, deprimente. A Fiscalía de Milán abría investigación sobre unha presunta e terrible actividade: viaxes a Sarajevo durante a guerra de Bosnia para matar cidadáns dende os outeiros que rodean a cidade, iso si, segundo acusa a fiscalía, protexidos por algúns membros, do exército serbiobosnio. Particulares adiñeirados pagarían hasta 100.000 € nun fin de semana por poder matar civís, nenos incluídos, nunha macabra cacería humana de cidadáns que intentaban sobrevivir á guerra. En que clase de sociedade ou ideoloxía poden emerxer monstros de tal calibre, individuos que pagan por matar persoas descoñecidas nunha guerra que lles é allea?, e máis, quen é capaz de lucrarse con actividades semellantes?. Así parece deducirse do documental “Sarajevo Safari”, de Miran Zupanič ao que a dita fiscalía lle da posibilidades de verosimilitude.
Nunca é fácil explicar o asasinato na historia. E seguro que non é academicamente correcto para un historiador preguntarse se o mal existe.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jenaro Castro
TRAZADO HORIZONTAL
El show de la tiranía
EL ÁNGULO INVERSO
La ética del “killer”
Antonio Nespereira
PERDÓN POR LA MOLESTIA
El pan con el sudor de la frente
Xavier Castro
A MESA Y MANTELES
El pulpo seco que se consumía en Ourense
Lo último
La Región
Amor y desamor
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este lunes, 12 de enero
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: lunes, 12 de enero