La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
A expresión "banalidade do mal", empregada na crónica sobre o xuízo a Eichmann -de 73 páxinas-, escrita por Hannah Harendt para a revista The New Yorker, publicada o 16 de febreiro de 1963, é xa un lugar común. No entanto, segue a suscitar interese. Que unha persoa gris e tediosa poida ser responsábel, tal foi o caso de Adolf Eichmann, dun crime contra a humanidade, faise, en principio, desconcertante. Só en principio, conste.
A medida que afondamos na cuestión, comprendemos que, como di o refrán, quen cala outorga. E quen obedece, engadiría eu, corrobora. Eichmann foi, como moi ben reflectiu Hannah Harendt no seu ensaio "Eichmann en Jerusalén" -traducido ao castelán por Carlos Ribalta-, un tipo obediente. "A pesar de los esfuerzos del fiscal, cualquiera podía darse cuenta de que aquel hombre -escribiu Harendt- no era un monstruo, pero en realidad se hizo difícil no sospechar que fuera un payaso". Esta visión sobre a condición ridícula do alemán encargado do transporte a campos de concentración e mais do exterminio de miles de persoas de orixe xudea, malia xerar, no seu momento, unha gran polémica, foi ben atinada.
Harendt analizou minuciosamente a personalidade de Eichmann e isto permitiu ver que a complicidade de seu o convertera, entre outras cousas, no responsábel directo da Solución Final. A filósofa non deixou ningún cabo solto. Fixo así visíbel o autoengano inherente, por exemplo, ao propio eslogan nazi -"a batalla do destino do pobo alemán"-, inventado por Hitler e Goebbels. Segundo ela explicou, suxeríase nel que a guerra non era tal guerra, na medida en que a orixinara o destino, non Alemaña. Daquela, a batalla era unha cuestión de vida ou morte. Así é que os alemáns "debían aniquilar a sus enemigos o ser aniquilados".
Tendo conta da lucidez da análise de Harendt, era difícil aportar unha visión nova sobre Eichmann. Por ela soubemos que era mediocre, gris, obediente e mentireiro. Falsificou o seu curriculum, pois, como se puido comprobar, nin rematou o bacharelato, nin foi quen de obter o título de mecánico. Desas mentiras, inferimos o carácter narcisista de Eichmann, quen, dalgunha maneira, arelaba parecer mellor do que era.
Tal vez o seu ingreso nas SS derivou dese intento de estar no lado dos vencedores, pois, ao seu ver -e ao de moitas outras persoas naquela altura-, o partido nazi ía camiño da gloria. Eichmaecesitaba xusto iso, unha certa dose de gloria ao seu redor para substraerse da mediocridade á que se vira abocado durante anos. É este retrato de Eichmann, realizado por Hannah Harendt cunha precisión de entomóloga, un estudo interesantísimo, que, de seguro, foi ben inspirador para o filme The Eichmann show. Nel podemos ver as imaxes do Eichmann real respondendo ás cuestións que se lle formularon durante o xuízo, en Xerusalén. A idea central da fita, dirixida por Paul Andrew Williams, é amosar o carácter pedagóxico dese xuízo, na medida en que, ao ser televisado, os crimes brutais cometidos polos nazis serían coñecidos por espectadores de medio mundo e da propia boca das vítimas. Consecuentemente, se meditaría máis e mellor sobre a natureza do mal, por tanto, sobre o abuso de poder e sobre o odio, sustentado, tantas veces, na color da pel, na relixión, no tipo de cultura... Mírese agora o caso de Palestina. Cal é a pregunta que nos vén á cabeza?
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Lo último
EL GORDO ESTÁ EN EL BOMBO
¿Con qué números han tocado los premios gordos de la lotería de Navidad? Descubre los más repetidos
TERCERA VICTORIA CONSECUTIVA
El Arenteiro es otro equipo y derrota a Osasuna Promesas (2-0)