Jenaro Castro
TRAZADO HORIZONTAL
El show de la tiranía
O artista de Amoeiro/Ourense Antón Pulido está a amosar unha selectiva mostra da súa traxectoria plástica en ‘Mostrarte’, concepto expositivo que dirixe Mingos Teixeira para o edificio da Alcaldía de Vigo. Chégalle esta invitación de honra como un aceno á súa calidade, e o artista da resposta presentando un elenco escollido con vinte cinco das súas obras-fito. Dende elas fala Pulido da súa andaina artística como vacina para a desmemoria dos nosos días, xa que logo a voracidade das noticias nos medios de comunicación social fai que a súa Antolóxica de fins de 2014 no centro Cultural de AFundación semelle xa vintage.
A escolma permite a este Vigués, distinguido dende 2006, que ven de ser o pregoeiro do Día de Galicia na cidade olívica e Premio á Excelencia do Rotary Club, o pasado ano, que os seus óleos, acrílicos, acuarelas e outras obras de técnica mixta se xunten de novo para achegarmos neste frío inverno a calor da súa mirada, profundamente humana, dende as recentes Quermeses, versos da súa canción, partitura na que traballa nos últimos anos coa alegría nas cores, dispostas en segredos ritmos. A mirada retrospectiva é reveladora da súa capacidade de superación, do seu renacer estilístico, reinventándose dende as composicións figurativas familiares ou urbanas dos anos setenta e oitenta, década esta última na que concentra o seu dicir plástico nas parellas ou personaxes solitarios que fan música ou camiñan, figuras de carga emotiva que son alegoría no seu conxunto e símbolos poderosos para a nosa terra galega: seres en situacións extremas enfrontados á súa rocha Tarpeia, con Antón Pulido como si dun Quirón se tratase...
Mais o Premio da Crítica Galicia de Artes Plásticas 2014 non está detido, que está a facer capas para libros, caso dos de Xavier Seguín, ‘O alfaiate portugués’, e ‘O soño da bolboreta’ de Arcadio López-Casanova, ou revistas como Ágora de Orcellón e Dorna, publicacións ás que pretende engadir outra especial, de poesía, con poemas e ilustracións da súa autoría, rompendo así como quería o seu admirado Juan Rulfo por onde se pecha o círculo, proceder que aplica tamén á arte dende a escoita profunda do corazón co fin de ser sempre un mesmo. Soña Antón, e pinta, para a Galería Solomon de Nova Iorque, e para Roma.
É artista que pinta as sombras, e volve á poesía "Quién besará la sombra", co seu amigo Carlos Oroza, pois son elas as que lle dan forza á luz, insiste o fillo predilecto de Amoeiro desde 2008, e Premio Trasalba 2015. Últimamente está a deixar pegada transcendente na trama urbana de Vigo, no cruce de Pi y Margall e o Camiño Pazos, en Peniche, transformando un espazo deprimido nun lugar de encontros e aloumiños, a Praza das Apertas, coas formas da Quermese, nas paredes, e o mobiliario formando a palabra aperta, dous conceptos que son bandeira do artista desde os anos oitenta. Faise agora a fase final nas medianeiras posteriores, plasmando a tridimensionalidade. Cando os cadros desaparezan de ‘Mostrarte’ iremos a Peniche e poderemos vivir dentro dunha obra de Pulido.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jenaro Castro
TRAZADO HORIZONTAL
El show de la tiranía
EL ÁNGULO INVERSO
La ética del “killer”
Antonio Nespereira
PERDÓN POR LA MOLESTIA
El pan con el sudor de la frente
Xavier Castro
A MESA Y MANTELES
El pulpo seco que se consumía en Ourense
Lo último
PREFERENTE FUTGAL
Un empate que sabe a poco al Sporting Celanova (2-2)
TENSIÓN EN EL CARIBE
Trump amenaza a Cuba: “Se acabó el petróleo”