Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Fe ou negocio
Nos últimos anos, a política española quedou atrapada nunha dinámica de bloques enfrontados, alimentada pola polarización, os discursos emocionais e as estratexias de supervivencia partidista. Esta deriva erosiona a confianza cidadá e deixa o país sen unha folla de ruta que afronte con seriedade os retos do presente. Nin o goberno actual nin a alternativa conservadora ofrecen unha visión transformadora e realista. Entre a fragmentación que dificulta a gobernabilidade e a tentación de volver a modelos regresivos, urxe abrir un camiño novo: o dunha política equilibrada, centrada nas persoas e orientada ao ben común.
O Executivo hoxe funciona como unha suma de intereses dispares, onde cada avance nace máis de concesións puntuais que dunha estratexia compartida. A reforma institucional brilla pola súa ausencia: non se melloran os mecanismos de representación democrática, nin se achega estabilidade ou transparencia ao sistema. A descentralización, lonxe de ser entendida como un principio de boa gobernanza, utilízase como moeda de cambio. No ámbito social, predomina un enfoque asistencialista que non promove nin a autonomía nin a corresponsabilidade cidadá.
En fronte, a fórmula ofrecida polo PP e Vox aposta por recentralizar competencias, uniformizar a identidade nacional e reducir a diversidade a un problema a corrixir. O seu discurso de orde e seguridade, acompañado dun relato cultural excluínte, evita enfrontar os desafíos estruturais dunha democracia plural. Esa visión simplista recorre ao medo e á confrontación, axitando a sociedade civil.
No plano económico, é preciso apostar por unha economía social de mercado que promova a iniciativa privada, garanta equidade e fomente a innovación sustentable
Se hai unha reforma que pode abrir a porta a todas as demais, esa é a do sistema electoral. España precisa un modelo que fortaleza o vínculo directo entre representantes e representados, superando o control partidista excesivo e permitindo que a cidadanía premie ou castigue directamente o labor dos seus deputados. Podemos mirar cara ao sistema británico como referente, pero adaptándoo cunha dobre volta que garanta maiorías claras e representativas. A Constitución afirma que a provincia é o distrito electoral, mais non di que deba ser o único: este matiz abre unha oportunidade para redefinir a base da nosa democracia.
Entre os extremos hai espazo para un proxecto de centro, humanista e democrático que non ten que vir auspiciado por unha expresión partidista única, que non viva da equidistancia, senón da proposta; que non renuncie a principios, pero que entenda que gobernar é servir á cidadanía. Ese camiño esixe poñer á persoa no centro da vida pública, recoñecer a súa dignidade e garantir a súa liberdade responsable, nun marco de xustiza social e cohesión comunitaria.
A sociedade civil debe recuperar protagonismo. Comunidades locais, familias, asociacións, empresas e iniciativas cidadás teñen que ocupar un lugar central no deseño e execución das políticas públicas. O Estado debe acompañar, garantir dereitos e favorecer a cooperación, non suplantar nin afogar as enerxías sociais.
No plano económico, é preciso apostar por unha economía social de mercado que promova a iniciativa privada, garanta equidade e fomente a innovación sustentable. O sector público debe impulsar e non frear os sectores dinámicos da sociedade.
A política, no seu sentido máis nobre, é a arte de xestionar diferenzas para construír convivencia. Reconstruír España desde o centro reformista, sen visións tolleitas ou hemipléxicas, que asuma que unha comundiade política non debe ter centro e periferias, se non que a prosperidade ten que ser un vieiro que nos atinxa a todos. Ese é o camiño que require centrar a reforma pendente que España e tamén Galicia necesitan.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Fe ou negocio
Fernando Ramos
La triquiñuela de Sánchez para burlar al Congreso
Serxio María Rodríguez Álvarez
TRIBUNA
Fraga e Beiras: a Galicia que foi
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Xosé Manuel Beiras
Lo último
MUJERES DEL MEDIO RURAL
La banduense Isaura de la Torre, ganadera ejemplar
PROMOCIÓN TURÍSTICA
Carballiño destaca con su expositor en Sevilla