A estatura de Sarkozy

Publicado: 17 jun 2009 - 02:00 Actualizado: 11 feb 2014 - 00:00

Ao ver a foto do presidente da República Francesa subido a un taburete escondido detrás dun atril, co obxectivo de dar a sensación de que era máis alto do que é realmente, veume a memoria a película de Charlot ‘O Gran Dictador’. Os lectores recordarán a escena na que estaban Adolfo Hitler e Mussolini puxando por ver quen aparentaba máis estatura. En fin que, ámbolos dous relacionaban altura con poder e mando político. Desta maneira o máis alto impresionaba máis e, por tal motivo, os dous subían e subían a cadeira ate que chegaron ao teito da habitación. En fin, eran uns fantoches aos que Chaplin retratou con humor moi certeiro.

Pois ben, sabedor da distancia histórica e o posicionamento democrático do mandatario francés, este amosa certos tics que rebelan que ten certo complexo coa súa estatura. Claro que si Berlusconi ten problemas coa idade e busca aparecer como un eterno e maduro mozo, o francés, por aquelo de que a súa dona ten máis altura física, busca compensar as súas carencias e emprega o banco para aparecer con mellor tipo, ou sexa, aparentar máis alto.

E a verdade é que, ao non asumir o corpo que a natureza nos deu a cada un, sempre se buscan subterfugios e aparecen estes trucos que a cámara se empeña en denuciar. Estes persoeiros que pensan que o poder se mide pola estatura camiñan pola vida buscando taburetes agochados para aparentar que miden o que non miden; cousa que é unha falsedade. Viven un tanto errados. Pois se pensan que o poder político, e non digamos intelectual, está relacionado coa estatura, que dirán os nipóns ou os chinos. Eles, por termo medio, son máis pequenos cos europeos, e non digamos si tomamos como referencia a estatura deses xigantes da canastra.

En Europa corren tempos de mediocridade política. Pois si se pensa que a estatura física das persoas está relacionada coa intelectual ou ética e moral, mal andamos. E digo mediocridade, pois si o modelo a seguir é un tal Berlusconi, que soborna ás persoas para acadar favores e saltar a lei; que monta festas con menores nas súas vilas; que non dubida en amosar certos aires facciosos; que emprega a cirurxia para aparentar o que non é, apaga e vamos.

Que curioso, os mandatarios todos conservadores, e todos amosando e aparentando comportamentos ficticios e de dudosa moralidade. E pretenden convencernos de que eles, a dereita, son o modelo moral e ético a seguir; pretenden convencernos de que a súa forma de actuar é a boa. En fin, todo se asemella ao teatro do esperpento acuñado por Valle-Inclán. Todo se asemella a unha gran mentira vestida de suntuosidade e glamour.

O detalle do banquiño que amosaron as cámaras, estou seguro que somente reflexa un detalle dun gobernante que quería aparentar un pouco máis de estatura física, pero que no fondo ven ser revelador do mundo irreal no que todos vivimos e no que viven moitos mandatarios políticos que qeren aparecer como referentes políticos, morais e éticos.

Contenido patrocinado

stats