Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
De la sinrazón
ARTE ET ALIA
Aartista Sula (Chryssoula) Repani, con residencia en Tamallancos, Vilamarín, está a facer en Vilarchao, lugar central de Coles ao estar aquí a capitalidade municipal do concello, unha acción cultural... no rural ourensán, amosando as súas obras na Casa Conde. Este é un lugar de referencia para os veciños, de xuntanzas cotiás e encontros casuais no marco comercial da cafetaría, eido privilexiado da comensalidade, o de compartir un tempo arredor dunha mesa, cun café, e mesmo comida. Áchase aquí, nas súas paredes -incluída a da TV-, a mostra pictórica, na que se amosan mundos de sensacións, e mesmo viaxes até o extremo do Mediterráneo, na Grecia continental e insular, a terra natal de Sula, nada en Atenas (1959) e con terras familiares na illa de Lesbos, no leste do mar Exeo, preto xa da costa turca, onde abunda a cor esmeralda, esa que a artista reproduce nalgunha das obras. Así na do paseo duns mozos entre oliveiras, ou un amencer, sinfonía de azuis e lilas na que destacan as anteras ou pistilos dunhas floriñas. E máis aínda nunha vista da mar dende o interior dun cuarto coa brisa movendo as cortinas de lunares.
A artista Sula Repani leva a súa obra ao rural ourensán cunha mostra na Casa Conde de Vilarchao, convertendo este espazo nun punto de encontro cultural e artístico
Esta mostra é unha das facianas da nova xerente, Sonia, de Amoeiro, aínda que asentada preto, na Madanela, está á fronte dende fai dous anos. A empresaria pon o foco do seu proxecto diferenciado nun lar cultural, tratando de completar a súa oferta-base fundamental con concertos, como cando a inauguración, propoñéndoo tamén como espazo de intercambio de libros, consonte a súa forma de sentir, pois forma parte da Asociación Cultural Trulhada. Ou como agora, cunha artista de sona e da contorna, con traxectoria internacional en cinco países e con máis de trinta exposicións individuais, ademais de participar en máis de medio cento de colectivas, como a que nestes días pódese contemplar na sala municipal Poeta Valente da rúa do Paseo de Ourense. Estudou na Facultade de Belas Artes ateniense entre 1979 e 1984 e trala licenciatura veu para seguir os seus estudos como bolseira do Estado grego a España, até Cataluña, onde coñeceu á súa parella, un sensible artista galego tamén escritor, co tempo, Miguel Karballo, e logo de pasar por Mallorca, asentouse en Galicia en 1986. O Obradoiro de Artes en Tamallancos foi un proxecto deles. Aquí, no devalar do día, pintou Ceo con nubes no que “intenté pintar el calor de la última hora de la tarde”, segundo me dixo, cadro do cartaz da exposición, Equinoccio de primavera. E Anusca ante o ceo con estrelas, tamén de inspiración galega. Unha temática a súa vai de Ourense, e Galicia, á súa terra, continental e das illas, cunha pincelada esvaída, evocadora de experiencias, lecturas, viaxes ou lembranzas.
Son fragmentos significados da natureza como Pruno, árbore vermella dun xardín querido, ou Montañas vermellas, de ollada ampla. Noutras, a presenza humana faise necesaria, Nena durmindo, e o neno en bici na praia (Viaje a Ítaca), que apunta unha culta linguaxe, cunha imaxinación libre como Libélula-faro. Esa dicotomía exemplifícase aos lados da TV co Mouchiño e o Gran nocturno, parella de noite na praia. Unha proposta plástica, en fin, de nivel á altura dunha galería, respectuosa coa veciñanza.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
De la sinrazón
Xabier Limia de Gardón
ARTE ET ALIA
Exposición de Sula Repani
Daniel Montero
SUEÑOS DE OLIMPIA
Aday Mara, el último examen universitario
Iván González Decabo
DIARIO LEGAL
El IVA franquiciado para autónomos: España, a contracorriente de Europa
Lo último
"ENTRE A ESPADA E A PAREDE"
La avispa asiática marca el ritmo de la apicultura en la provincia de Ourense
DEMOGRAFÍA LOCAL
Ourense se apaga como foco capaz de atraer nuevos residentes