Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada, Jácome, la inutilidad al mando en Ourense
DENDE SEIXO-ALBO
A noria do tempo segue a dar voltas e nós seguimos a súa estela pois estamos xunguidos ó seu devir. E como isto é así, en Seixalbo dende hai máis de dez anos Agromadas recuperou a tradición do Parrafeo, que pra os que non saiban o que é consiste na lectura que unha persoa que nomea Agomadas fai a despedida do ano lembrando e criticando todo o que considere e lanzando ó vento ás peticións, reivindicacións e retos para o ano entrante. A tradición, que ven de moi lonxe, ten como obxectivo xuntar á xente pra despedir un anaco da nosa vida e darlle a benvida o novo tempo que nace. Esta xuntanza facíase na festa do san Manuel o 31 de decembro na praza desta antiga Vila e Couto, e era organizado polos quintos que ían cumprir o servizo militar o ano que comezaba. Esa tradición rompeuse ó entrar en vigor os remprazos e recuperouna Agromadas. Este ano fíxose na confluencia da da rúa Estreita coa de Abelardo Arce ó lado do Centro cívico. Dende a súa recuperación faise nunha data anterior a do 31 de decembro.
Nesta edición o frío fíxose notar moito, máis todos ben abrigado escoitamos a Arturo Pereira Morales que falou da súa infancia que, por extensión, foi a de moitos dos que hoxe somos maiores. A música do grupo dos Amigos escorrentou o frío pra logo rematar tomando un chocolate ben quente na sé da asociación organizadora. Xuntar á xente, crear veciñanza e compartir momentos e conversas é o que se persigue nunha sociedade que cada día é máis individualista e menos solidaria. Unha sociedade na que a gran maioría anda soamente ó seu. Polo que vivir tendo unha comunidade forte implica sentir e relacionarse cos habitantes do lugar e, sobor de todo, fortalecer os vincallos creando empatía entre os humanos.
Nestes tempos, cansos de ver novas que arrepían o corpo, novas que sinalan a colectivos como os emigrantes afirmando que son os causantes de todos os males que padecemos en occidente, debera facernos meditar.
Os tempos nos que, o máis importante é o sé ti, e polo tanto ser independente, manter vivas estas xuntanzas comenza a ser, sobor de todo no mundo rural, un acto de resistencia que incentiva apuntala veciñanza. Polo que cando estamos a piques de comenzar un novo tempo e deixar no recordo as malas novas que marcaron o ano 25 que foron moitas, sinalar uns obxectivos que nos fagan esquecer os malos tragos e erros do pasado axuda moito á unidade veciñal. Nestes tempos, cansos de ver novas que arrepían o corpo, novas que sinalan a colectivos como os emigrantes afirmando que son os causantes de todos os males que padecemos en occidente, debera facernos meditar. Pois a nosa reacción debera ser a do humanismo cristiano. Os novos salvadores da patria que traballan pra desfacer a Unión Europea, ou que predican louvando as vontades da ditadura, comezan a crear desacougo en moitos sectores sociais.
Vivimos no tempo da globalización e dun revivir dos imperialismos que pretenden converternos en súbditos e arrastrarnos camiño dun enfrontamento que augura tristes recordos. Polo que, cando se incendia cunha linguaxe insultante ó adversario nas rúas aparece o odio xa non existe dialogo posibel. Alguén dixo que cando a política e a ideoloxía xunto ás reivindicacións pasan a ser un dogma xa non hai posibilidade de acordo naquelo que nos é común. Cando os adversarios pasan a seren inimigos, estamos perto do belicismo irracional, da confrontación social. E polo que parece neste tempo camiñamos cara o dogmatismo que vai contra a racionalidade máis sensata. Polo que, para o ano que comenza cabería pedir diálogo e ver o positivo das cousas que como humanos temos en común. Achéganse tempos onde moitos lobos camiñan coa vestimenta de cordeiro. Falsos apóstolos que agochados preséntanse como salvadores, máis que camiñan e loitan contra os dereitos fundamentais dos seres humanos. Pedir que o novo ano traia dialogo e sosego; que traia acordos en determinadas materias comuns non é moito pedir.
Crear veciñanza onde os que teñen distintas opcións políticas falan e comparten valores é o obxectivo do parrafeo. E, en Agromadas, queremos reforzar a veciñanza na nosa pequena, pero anterga Vila e Couto. Feliz 2026 para todos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada, Jácome, la inutilidad al mando en Ourense
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
El sintecho que nunca volvió del frío
Manuel Orío
RECORTES
De uno y otro lado
Itxu Díaz
EL ÁLAMO
La pesa del aizkolari
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 13 de marzo
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 13 de marzo
SOLICITA UN ENCUENTRO
Rueda urge a coordinar la respuesta a la guerra