Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
La vida no sigue igual
DENDE SEIXO-ALBO
Sempre houbo persoeiros, todos moi famosos, que mantiveron unha imaxe cara o exterior que era admirada por milleiros de persoas; mais dentro da súa vida privada, ou se o prefiren de portas a dentro da casa, actuaban como xente con moi poucos límites morais e éticos. Ou sexa, tiñan e vivían con dúas imaxes contrapostas. Poder e fama sempre foron xunguidos e, cando levas moito tempo desfrutando deles, pensas que es un deus intocable e pásanse da raia. Nestes días que afloraron unhas denuncias por supostos abusos sexuais contra o cantante de música lixeira Julio Iglesias.
E sen entrar no asunto desas denuncias, o certo é que o coñecido cantante nunha cantiga expresaba moi claramente como era a súa forma de vida e o que lles gustaba. “Soy un truhan soy un señor... Yo amo a la vida, amo el amor... Me gustan las mujeres me gusta el vino y cuando puedo bebo y olvido”, esta peza que escribiu Ramón Arcusa define perfectamente a esa estrela aínda que iso non implica que cometera delito algún. Julio acadou unha popularidade en todo o mundo vendendo millóns de copias dos seus discos. Ate esta parte pouco hai que dicir. Todos foron éxitos, premios, nome de rúas e prazas, contratos con diversas entidades políticas vendendo as fermosuras desta terra e doutras, e un longo etc.
E estes músicos sempre levaron unha vida pública moi discreta e arredada dos focos e dos bicos roubados e forzados.
Mais despois das cousas que se escoitan nos medios sobor de supostas cuestións coas mulleres do seu servizo domestico, queda moi claro que este famoso vive nun tempo moi distinto o presente. Pois se hai 50 anos ser un ligón e ter mulleres coas que facías e desfacías ó teu antollo, era un éxito e estaba ben visto dado que era aceptado dándoche unha áurea de triunfador. Nos tempos actuais as cousas, e consecuentemente a lexislación, mudaron e moito. Vivir tendo arredor ós que te louvan e te aplauden axuda a que perdas ó concepto da realidade social e sexas moi laxo nuns principios éticos que xa esqueciches, pois o éxito axuda a que vivas fora do acontecer no mundo. Estou convencido que este asunto que afecta tamén a algúns políticos e a moitos máis artistas, e que está aínda moi agochado, co paso dos días sacará á luz moitos máis casos.
Con todo, non importa que a xustiza española de inhiba por non ter xurisdición no asunto, pois seguro que na vida deste cantante, de agora en adiante, todo será distinto. E aínda que non o queira, parte da súa personalidade queda un chisco tocada. A sociedade mudou na súa forma de pensar e de comportase coas mulleres; e por moito que diga o implicado ou por moitos capotes que lle lancen os amigos das farándula, de agora en adiante, todo será doutra maneira, dado que presentarse como un golfo xa non vende como nos anos setenta do século pasado.
Posiblemente Julio debera tomar nota doutros cantautores que deixaron textos e cantigas con moito máis contido e calidade cás del, e que nos fixeron reflexionar sobor de moitos aspectos da nosa existencia. E estes músicos sempre levaron unha vida pública moi discreta e arredada dos focos e dos bicos roubados e forzados. En fin, a faciana exterior dos deuses mediáticos agocha unha imaxe para o consumo moi distinta da real. Non todo é o que parece. Seguro que, co paso do tempo, sairán á luz moitos máis persoeiros que na súa vida teñen unha dobre faciana e derrubaranse imaxes e modos de vida que semellaban seren modélicos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
La vida no sigue igual
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
A faciana agochada dos deuses
Ramón Pastrana
Ricos
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Regularización necesaria
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
28 años de ecovigilantes de Franciscanas
PRESENTACIÓN LITERARIA
Un libro autobiográfico homenaxe a “Fanfán”, o rei das carrozas do Entroido de Verín
JUAN CARLOS ALONSO
Foro La Región revive la historia del último maqui
CARTEL OFICIAL
Regueifas, desfile y canto en el Entroido barbadés