Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
RECUNCHO HEBDOMADARIO
Nos últimos anos, á política exterior de Donald Trump cualifícana os gobernos, analistas e organismos internacionais como unha nova etapa do imperialismo estadounidense, que se caracteriza pola ameaza e o uso da forza máis alá do visto en administracións recentes. Desde a súa volta á Casa Branca, Trump impulsou e autorizou unha escalada militar global que incluíu ataques aéreos e bombardeos en múltiples escenarios de conflito e a miúdo advertencias de acción directa contra gobernos soberanos.
Un dos exemplos máis controvertidos acaba de acontecer contra Venezuela, na que forzas ianquis bombardearon obxectivos en Caracas e secuestraron ó presidente Nicolás Maduro (outro que tal), trasladándoo a Nova York para enfrontar cargos contra o narcotráfico. Agora Trump xa anunciou que o seu país administrará temporalmente a Venezuela.
Segundo o Goberno de Donald Trump, estas accións responden á necesidade de combater o narcotráfico e o narco-terrorismo que, ó seu dicir, ameaza a seguridade estadounidense. Xustificou bombardeos de lanchas e embarcacións no Caribe e o Pacífico alegando vínculos con grupos criminais transnacionais, aínda que fontes independentes observan falta de evidencia clara sobre esas conexións.
Non tardará en incluír a España porque, nós, non pasamos pola pedra, non imos ó rego. El, o seu país actúa como árbitro global disposto a impor a súa vontade a través de medios militares.
O Atila ianqui tamén estendeu as súas ameazas a outras rexións do mundo. Mísiles lanzados contra obxectivos terroristas en Nixeria; bombardeos en Iemen contra rebeldes hutíes, aliados de Irán; ataques aéreos en Somalia contra faccións do Estado Islámico e al-Shabab; bombardeos en Iraq contra o terrorismo global; ataques en Siria contra posicións do Estado Islámico; en Irán bombardeou instalacións nucleares; e agora quere ir contra Groenlandia, Colombia, México, Cuba e non tardará en incluír a España porque, nós, non pasamos pola pedra, non imos ó rego. El, o seu país actúa como árbitro global disposto a impor a súa vontade a través de medios militares.
No marco internacional, todas esas accións desencadearon condenas na ONU (é un dicir), onde varios países cualificaron os ataques, principalmente en Venezuela, como unha agresión e violación da soberanía. Seguro que non tardará en recibir o premio Nobel da Paz e sen compartilo con ninguén. É Trump o tal como para compartir “éxitos” con alguén. Como se adoita dicir: (El, a CIA, o seu Goberno) fai a festa e bota os foguetes. E vaia foguetes!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
4.812 turistas en lata
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dom Pérignon
Itxu Díaz
USOS Y COSTUMBRES DEL VERANO
Los selfies de la comida: el gran juego del postureo de verano
Lo último
RESPONSABLE DE LA WEB DEL DSN
El Gobierno cesa a un cargo del Departamento de Seguridad Nacional tras publicar la cifra de entradas a Ceuta