Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada, Avenida de Portugal, la trinchera infinita
TÍA MANUELA
Non se entende nada. En nome da transparencia non din nada, entrementres teñen ao mundo á expectativa. E, eles, os actores principais, interpretan o que aconteceu e acontece, o falado e o que se fala, á súa conveniencia. Fixeron o guión, ensaiaron mil veces, actuaron, mataron e eses supostos delincuentes e marcharon correndo co reo, co suposto autor do delito. Fóronse presumindo de valentes, como se fosen insensatos contratados para torpedear a harmonía dos pobos.
Todos saben ou deberían saber que o respecto é o piar no que se sustenta a convivencia, o berce apropiado para acochar e para que medre en liberdade o talento. Todos vostedes, amigas e amigos lectores, saben que é conveniente falar e entenderse, para respectar aos interlocutores, aos que falan e aos que escoitan.
En política e na gobernanza, os valores de respecto e convivencia teñen que ser considerados como fundamentais. Quen careza destes valores debe marchar para súa casa ou, se non a ten, marchar para onde poida; respectar a mirada, a fame e a gloria da cidadanía, da xente do seu país e, naturalmente, de calquera outro, por grande ou pequeno que sexa.
O pobo debe levantarse contra os tiranos, contra todos eles, contra desa concentración sen límites de poder, contra a propaganda e a represión, contra das políticas baseadas en instaurar e estender o medo e o silencio
No mundo de hoxe, pensa a xente (e ben pensado) que hai formación, información, cultura e capacidade para responder ás agresións, capacidade para falar, dialogar e andar polo mesmo camiño, no mesmo sentido ou no contrario. Iso pensa a xente normal, pero os tiranos, eses que exercen o poder “gobernando de maneira absoluta, inxusta e mesmo cruel”, queren impoñer a súa vontade e atropelar os dereitos, o corpo e a alma de tódolos outros.
O pobo debe levantarse contra os tiranos, contra todos eles, contra desa concentración sen límites de poder, contra a propaganda e a represión, contra das políticas baseadas en instaurar e estender o medo e o silencio. Os que calan (e máis aínda se mandan algo) deben saber que o seu silencio ante as inxustizas é unha falta de respecto colectivo, unha desconsideración á historia, aos presentes vivos e aos mortos de cadaquén.
Todo parece unha contradición ou varias contradicións xuntas. O que se ve nos medios é como unha exhibición de insensatez de xente sen responsabilidade, sen formalidade e con pouco xuízo. Como pregunta a Tía Manuela, “entre eles, de que falarán?”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada, Avenida de Portugal, la trinchera infinita
Maribel Outeiriño
TRIBUNA
Recordando la inolvidable labor de Don Xesús Ferro Couselo hizo por Ourense
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
“Todo lo contrario a la medicina"
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El cedro de la alameda del Concello
Lo último
SE SIENTE "HONRADA"
Barbra Streisand recibirá la Palma de Oro honorífica
PARTIDO DURÍSIMO
El COB, hasta lo humanamente posible ante el Básquet Coruña (59-74)
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 12 de marzo
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 12 de marzo