La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Partido Popular rematou o seu argumentario oficial para comezar a atacar a Cidadáns de xeito sistemático, distribuíndo un arsenal á militancia para ir con todo, como se se tratara de tomar Stalingrado. Asemade, PSOE e EU atacan polo f lanco esquerdo a Podemos para frea-la sangría. Pero o PP ten un problema: non cola presentar a Cidadáns como un partido radical, na lóxica antisistema de Podemos. Unha sondaxe publicada hai uns días retrataba o seu perfil centrista: suma partidarios dispostos a non votaren ao PP ou ao PSOE a cambio das candidatu- ras de Rivera, pero ademais o PP o valora como centroesquerda e o PSOE como centrodereita, en definitiva no arco central. Cidadáns logra seducir aosmenosdogmáticos,esaclasede xente que se ve como o filósofo Leskez Kolakowski, martelo contra o marxismo, nun autorretrato de tres trazos: progresista en asuntos sociais, con- servador para algunhas tradicións e liberal naquilo no que importa o mérito e a competencia. O bipartidismo queimouse na súa propia corrupción e mediocridade.
A campaña do PP ata agora, foi chusca, dende o "Siutadáns" ao infantiloide "Naranjito" contra Rivera, ao que Villalobos lle chama "neno que vai con panais e cheira a Nenuco". E outro capitoste tamén andaluz superou a finura intelectual da inefable exalcaldesa proclamando "non quero que me mande dende Cataluña alguén que se chame Albert". A imaxe do PP é de soberbia, cun narcisismo redentorista.Agora establecen atacar a Rivera por "carácter autoritario" e "liderazgo made in tv". Toda esa batería de críticas, en vez de reconquistar aos seus votantes, fortaleceu a Cidadáns. Cando se ataca con substancia se puntúa; pero non con parvadas coma os de "naranjito e nenuco". Moita xente decepcionouse co PP por incumpri-las súas promesas o mesmo fiscais ca morais –como lle sucedera a Rodríguez Zapatero- e ven Cidadáns como unha alternativa, cunha liña similar pero limpa e un líder atractivo. De feito, se Cidadáns acadou fagocitando a UPyD, partido cun programa máis armado e mellores cadros, é polo mando de Rosa Díez, rostro da "vella casta" fronte a Rivera. Agora, o Partido Popular, con eses ataques, parece a súa propia caricatura: acostumados a teren todo o voto da dereita para eles sós, van enfociñados coma un príncipe destronado ao chegar outra criatura ao seu territorio. Están cometendo erro tras erro e algo, quizais, máis grave en política, están a faceren o ridículo ou, se non, ¿a que ven a baixada de pantalóns de Floriano?
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Lo último