Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Te recuerdo Viana
O AFIADOR
A moción de censura en Lugo tomou velocidade de cruceiro, despois de semanas -tal vez meses- bulindo na cabeza dos actores principais, como ben afirmou Elena Candia. A presidenta do PP lugués e candidata a alcaldesa, admitiu que pouco despois de que trascendesen as diferencias da concelleira socialista María Reigosa co alcalde, cambiaron impresións sobre a posibilidade de explorar unha alternativa que permitise á primeira acceder á poltrona municipal. Dende entón, o PP de Lugo ten utilizado -e agora tamén- como argumento lelxitimador da sua aspiración haber quedado a 150 votos da maioría absoluta en 2023, que os considerarían moralmente acreedores do dereito a gobernar. A cuestión é que a moral e a ética non cotizan a estos efectos -verbigracia María Reigosa- e o escrutinio deu 12 concelleiros ao PP e non os 13 que precisaba
Certo que co vivido, tampouco debemos rasgarnos as vestiduras, nin cos argumentos das partes, pois son intercambiables segundo do lado que sexan os protagonistas.
Ten razón o PP cando apela á lexigimidade da operación que lle dará o goberno do concello, pois é certo que os socialistas se viron sacudidos pola morte de tres concelleiros, que ao ser substituidos deron acceso a María Reigosa como edil, que por discrepancias co alcalde pasou nun abrir e pechar de ollos de militante e concelleira socialista a socia do PP (hai quen di en Lugo -malas linguas, seguro- que detrás da meteórica mutación poidera andar unha frustrada aspiración de ser subdelegada do Goberno), dando unha idea da firmeza das suas conviccións políticas, que produce vergoña allea e que eliminaría cunha simple dimisión, na que se cadra non reparou. Certo que co vivido, tampouco debemos rasgarnos as vestiduras, nin cos argumentos das partes, pois son intercambiables segundo do lado que sexan os protagonistas. (En Noia é alcalde o socialista Pérez Caamaño, ó gañar unha moción de censura co apoio dun edil disidente do PP hai só nove meses).
Interesante será ver como se sustancie este movemento nas urnas dentro dun ano e quen beneficiará. As duas partes cren que caerá do seu lado, pero a historia ten exemplos variados. A popular Corina Porro accedeu ao cargo en Vigo relevando a Pérez Mariño (non foi moción de censura senon perda dunha cuestión de confianza); nas seguintes, non poido revalidar o cargo. En Santiago, o PP desbancou a Xerardo Estévez en Santiago en 1986, que volveu ao cargo o ano seguinte con maioría absoluta nas eleccións do ano seguinte. En Ourense, o PP colocou na alcaldía en 1990 a José Luis Mondelo, escindido de Independientes de Galicia, cunha moción de censura que apeou do poder ao socialista Veiga Pombo; oito meses despois, Mondelo non saiu elexido concelleiro, o PP non logrou a maioría absoluta e Veiga volveu a ser alcalde.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Te recuerdo Viana
¡BUONE VISIONI!
“He-man y los Masters del universo”
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Al sanchismo no le puede ir peor
Chicho Outeiriño
La despersonalización de las barriadas (I)
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
SUBSTITUYE A ENRIQUE ÁLVAREZ
La Alcaldía de Vilamartín ya la ocupa Sherezade Núñez
CRUCE DE DECLARACIONES
Giorgia Meloni lanza un mensaje a Donald Trump: “Ni yo ni Italia suplicamos jamás”