Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Hay responsabilidades... y responsabilidades
A verba Brexit forma parte xa da nosa vida cotián enchendo moito espazo en xornais e medios de comunicación. Todas as semanas xorden novas relativas ao proceso de negociación salientando posturas dos protagonistas e avances (ou des-avances) nos acordos segundo o calendario previsto. Por este motivo o informe recén presentado polo Consello Económico e Social de Galicia (CES) sobre o grao de exposición da economía de Galicia non pode ser máis acaído. Ata a data non existía información nin previsións de como nos ía afectar un feito tan importante a escala europea. Se, ademais, vén da man dos profesores da Universidade da Coruña, Laxe, Novo e Sánchez-Santos quen son referentes na análise económica galega, este informe constitúese como unha lectura obrigada para coñecer e ser conscientes do que acontecerá sobre este particular.
Os autores fan unha rigorosa revisión sobre os principais eidos onde incidirá o Brexit no contexto galego a través de enquisas, entrevistas e traballo de campo. Nomeadamente fálase de catro puntos concretos: os aspectos migratorios, os intercambios comerciais, o investimento directo e o turismo. A súa primeira conclusión é que o efecto global sobre Galicia será reducido, especialmente cando se compara co resto de autonomías. De feito, non se albiscan, ata o de agora, impactos “extremadamente negativos”. Non obstante, alertan sobre a importancia de que as negociacións rematen con acordo posto que a alternativa (o “hard-Brexit”) incidiría de maneira moi desfavorable, podendo chegar a unha paralización de determinados fluxos e correntes comerciais.
Un aspecto onde Galicia se vería especialmente afectada é a pesca. Sobre este particular os autores deixan claro que será necesario establecer un novo acordo entre Europa e o Reino Unido, así como actualizar a distribución das posibilidades de pesca en augas comunitarias para as flotas dos países da UE. Este feito traería consigo a necesidade de transparencia na definición das novas condicións nos intercambios comerciais en termos de dereitos de aduana, barreiras non aduaneiras e continxentes.
En todo caso o principal efecto, en tanto e canto é o que atinxe á compoñente persoal dáse en todo o que ten que ver cos traballadores e os cidadáns galegos actualmente no Reino Unido. Neste senso poderían resumirse en dúas as situacións a considerar, por un parte aquelas relativas a traballadores consolidados nas empresas e, por outra, aquelas que gozan de estancias curtas e especializadas (estudos ou desprazados). En ámbalas dúas situacións estes traballadores veranse afectados nunha tripla dimensión: o dereito de estancia, o acceso ás prestacións sociais e a asistencia sanitaria. Cuestións con moita transcendencia tanto no se refire aos aspecto laborais como os persoais e familiares.
En definitiva, o Brexit está aquí e aínda que non estamos certos de cómo, veu para quedarse. Por iso cómpre estar atentos aos acontecementos vindeiros e como nos vai afectar no futuro máis inmediato. Este informe da boas pistas de que é o que nos cabe agardar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Hay responsabilidades... y responsabilidades
Berto Manso
LA OPINIÓN
En la historia no se habla de los cobardes
TAL DÍA COMO HOY
Francis Ford Coppola
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Nuevo ultimátum
Lo último
NUNCA ANTES TAN LEJOS DE LA TIERRA
La misión Artemis II alcanza la cara oculta de la Luna y marca un récord histórico de distancia
VISITA A LA COLECTIVIDAD
Nicolás González Casares, desde el Parlamento Europeo a Buenos Aires
PRESUNTA ORGANIZACIÓN CRIMINAL
Ábalos, Koldo y Aldama se sientan en el banquillo del Supremo por la trama de contratos de mascarillas