José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Escavacións arqueolóxicas nas orixes de Ourense: As Burgas (II)
É tempo de análise e reflexión e, pese a que en eleccións a derrota non é unha opción, hai que se mira-lo embigo, se é que o ego o permite, e sacar conclusións. E non pola proximidade das xerais, deben rebuscar no máis intrínseco das estratexias e actuacións ou ausencia das mesmas, avaliando en qué se equivocaron para perde-los votos e en qué atinamos para gañalos, que para iso perde o equipo pero gaño eu. Din que as eleccións nunca se gañan, só pérdense, e é certo que en períodos de crise nos que toca controla-lo gasto e recorta-lo malgasto, o populismo de papá e mamá non é o máis favorecedor para se gaña-lo cariño do electorado. Cando mami e papi nos riñen, enfadámonos, e ata dez ou quince anos despois non o entendemos. Só apreciamos o simple e demoledor feito de que nos quiten o bailao, nos están a prohibir o "guay", e nos molesta de tal xeito que se podemos elixir, cambiamos ata de pais (menos mal que aínda non hai comicios familiares). En Ourense, notouse o castigo aos últimos anos de xestión na casa do concello, as presas nas actuacións tan preto ás urnas e a falta de memoria nun mandato na que primaba frear e templar.
Nas eleccións municipais acostúmase a votar ao candidato á alcaldía máis que ao programa; outros votan ao partido que acostuman votaren por norma, e os hai quen exercen un voto de castigo. É moi significativo que sendo unha provincia excesivamente machucada polo paro, volvese a gañar o mesmo. Destaca a desaparición do BNG, tal vez polo desvío dos seus votantes a outras forzas ou pola conivencia que mantivo, ata hai un tempo, co grupo socialista. Avecíñase un mandato cheo de incertezas. É o momento de demostrar a cidadanía que os políticos están por riba de criterios partidistas e persoais en canto toca a poñer en orde nesta a nosa cidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Escavacións arqueolóxicas nas orixes de Ourense: As Burgas (II)
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Marcos, el mochilo
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El burka de la izquierda
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Doping
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”
FIESTA GASTRONÓMICA
A disfrutar del “xantar da cachucha”
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 21 de febrero?