Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
Luciendo palmito moreno en las mejores fiestas
PINGAS DE ORBALLO
Sento na terraza do café despois de vir lendo polo paseo do río dos Muíños. Sento para tomar café e para escribir algo. Escribo sobre a guerra do pai de Julio Llamazares, que tamén é, dalgún xeito, a guerra do meu pai.
“Como sucede sempre, cando meu pai me contaba estas historias —sobre a Guerra Civil española— eu non lle facía moito caso e agora arrepíntome diso”, di o autor no seu libro “El viaje de mi padre”. Exactamente o que me pasou e me pasa a min: non lle prestaba demasiada atención ó meu pai e agora daría un mundo por saber máis.
Do meu pai sei con certeza dúas anécdotas, dous momentos nos que o pasou realmente mal na fronte: unha vez en que se perdeu na néboa e acabou topando co inimigo —Llamazares fala no seu libro de moita néboa e de moitísimo frío—, e outra na que lle ofreceu un carneiro á virxe dos Milagres se conseguía non cruzar un río
Penso que este libro me descubrirá aquilo ó que eu lle fixen oídos xordos cando meu pai falaba da contenda. Dáse, ademais, a coincidencia de que o meu proxenitor andou, máis ou menos, polos mesmos lugares ca o pai de Llamazares: Teruel, o Ebro e o Levante español. Agora mesmo dáseme por pensar que mesmo puideron coincidir en algún momento os nosos pais.
Do meu pai sei con certeza dúas anécdotas, dous momentos nos que o pasou realmente mal na fronte: unha vez en que se perdeu na néboa e acabou topando co inimigo —Llamazares fala no seu libro de moita néboa e de moitísimo frío—, e outra na que lle ofreceu un carneiro á virxe dos Milagres se conseguía non cruzar un río (o Ebro?) no que estaban a liquidar cada soldado que tentaba atravesalo a nado. Xusto cando lle tocaba cruzar ó soldado que estaba diante del, chegou a contraorde: o río cruzaríase por outro lado.
Os pobos que nomea Julio Llamazares son pobos que tamén nomeaba meu pai, pero ós que eu daquela non lles daba importancia. Agora arrepíntome; menos mal que o libro me axuda a imaxinar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
Luciendo palmito moreno en las mejores fiestas
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
No era para tanto esto del mar
CLAVE GALICIA
Abel a toda pantalla
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
A mesquita de Guitiriz, unha curiosidade bélica recente
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere un joven motorista tras chocar contra un muro en Vilalba
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 11 de julio?