Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada, Avenida de Portugal, la trinchera infinita
Gumersindo soñaba. Estaba na cama e ao espertar decatouse de que os seus soños eran realidade, ardera o palleiro, o carro, o tractor, a herba das vacas, as vacas e as ovellas. Ardera a memoria, os contos que escoitara, o canizo da lareira e unha boa parte do arado co que el e a súa burra, Florinda, araban as patacas, a horta enteira de Este a Oeste, co primeiro rego no Norte daquela terra sombría.
Quen prende o lume? Obviamente hai miles de razóns para apagalo e non se coñece ningunha para acendelo. E, a quen favorecen os incendios? A quen favorece a miseria e a inxustiza? E a sen razón dos gobernantes que mandan, ordenan, falan e non gobernan?. As motivacións cálanas e, se é o caso, néganas.
Cómpre dicirlles aos da poltrona que baixen e miren, aínda que se luxen na lamorqueira que producen e no bulleiro que estenden. Hai que dicirlles que dean explicacións, que teñan conducta adecuada, control da situación, acción e resolución.
Aí vén o inferno arrasando os montes, a vexetación, o patrimonio e a vida no rural de Galicia
Gumersindo soñaba cun goberno que gobernara con equidade e que prestara atencións a todos, especialmente a quen máis as precisaba. Ao pouco de espertar, nada de nada. Os dunha esquina acusaban aos da outra, dábanse bastas labazadas dialécticas e facían do insulto a súa arma de guerra e de loita contra os lumes. Mentres tanto o pobo, outra vez sen descanso e sen vacacións, con vasoiras de xesta e forcadas, apaga as labaradas que lle queiman o leito, a alma e o suspiro. Eran vasoiras de xestas recollidas minutos antes de arder.
Aí vén o inferno arrasando os montes, a vexetación, o patrimonio e a vida no rural de Galicia. En pouco, quedaremos sen nada. Galicia quedará soterrada nas súas propias cinzas e ninguén será quen de recordar nada. Parece como se alguén preparase unha estratexia para desenvolver eficazmente a desfeita, a destrución do pouco que queda, do que fomos e do que tivemos.
Desfíxose o rural, abandonáronse as aldeas, derrubáronse as escolas, fóronse os mestres, os agricultores, os paisanos, os netos e os avós. Todos, todos se foron forzosamente. E, aínda que queiran, non os deixarán volver. Esas empresas que “loitan” contra os incendios forestais, que viven e que se enriquecen da desgracia, deixarán ao territorio arruinado e coas cinzas do monte encubrirán calquera outro ulido.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada, Avenida de Portugal, la trinchera infinita
Maribel Outeiriño
TRIBUNA
Recordando la inolvidable labor de Don Xesús Ferro Couselo hizo por Ourense
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
“Todo lo contrario a la medicina"
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El cedro de la alameda del Concello