Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Miedo, silencio, chivatos
La historia del acoso contra Haití, que en nuestros días tiene dimensiones de tragedia es también una historia del racismo en la civilización occidental.
(Eduardo Galeano. Los pecados de Haití).
Un vello refrán di que non hai mal que por ben non veña para referirse a que todo malo trae algo bo, ben sexa unha aprendizaxe, unha experiencia ou un cambio. Levo pensado neste refrán estes días pasados cando vexo en tódolos medios de comunicación e escoito a case todo o mundo falar de Haití.
Fixeron falla máis de 200.000 mortos segundo as últimas estimacións, e moita, moita destrucción para que aprenderamos que existía un país aló polo paradisíaco Caribe onde algo máis de nove millóns de persoas levan vivindo anos e anos encadeadas ás vellas cadeas da escravitude: dependencia, miseria, hambrunas, violacións de dereitos, golpes militares, analfabetismo,... e onde unhas galletiñas feitas con terra, sal e mantequilla son o seu principal sustento ante a subida dos prezos dos alimentos tradicionais. Para que aprenderamos que Haití é un dos países máis pobres do mundo, onde a esperanza de vida é tan só de 49 anos, onde a mala calidade de vida é xeneralizada, onde a xente come, vive e morre na rúa e onde non hai infraestructuras nen un Estado que achegue servizos aos cidadáns. Haití destaca nas enquisas internacionais por ter a dubidosa honra de ocupar os primeiros postos en pobreza e corrupción.
Fixeron falla máis de 200.000 mortos para que experimentaramos as consecuencias dun colonialismo salvaxe imposto primeiro por España e despois por Francia, quen a converteu nunha gran plantación de azúcre , con man de obra escrava; quenes saquearon esta terra á que Colón chamou o Paraíso polo seu clima e a súa vexetación. Hoxe convertido nun páramo onde a superficie forestada é tan só dun 2%. Para que experimentaramos as consecuencias do chamado novo colonialismo ou neocolonialismo, traducido neste país na explotación dos seus recursos naturais por parte de empresas estranxeiras e en dúas ocupacións militares por parte de EE.UU. quen para defender os intereses das súas empresas e o control aduaneiro apoiou militar e económicamente aos rexímens dictatoriais e de terror dos Duvalier e puxo fin ao soño de cambio de Jean-Bertrand Aristide. E é que en Haití ata os soños están prohibidos.
O que aínda non teño claro é que todo isto produza un cambio. Agora tódolos países, gobernos, ONGs, organismos internacionais e un longo etcétera ata chegar a nós, os cidadáns de a pé, estamos apenados, consternados, aflixido..., a dor é inmensa ante as imaxes que os medios de comunicación nos serven tódolos días e a tódalas horas, o que non teño tan claro é que esteamos solidarizados e sensibilizados que sería o que produciría o cambio. Canto nós durará esta enchenta de compasión disfrazada de solidaridade humanitaria? Dentro dun anaquiño, un mes como moito e para ser optimistas, os medios de comunicación marcharán, Haití sairá do epicentro da comunicación, xa non abrirá os telediarios e con elo tódolos bos propósitos. Haití voltará a ser o inferno que Graham Green tan ben describiu na súa fermosa novela Los Comediantes e un paradigma de caridade tal e como o remata de calificar o seu actual presidente, Preval.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”
AGENDA DE OCIO
El Entroido de Ourense se resiste a despedirse
CIENCIA EN OURENSE
Del espacio al microscopio: la ciencia en Ourense tiene rostro de mujer