Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Doping
Defende o teu dereito a pensar, porque aínda que penses de forma errónea e mellor ca non pensar nada. (Hipatia de Alexandría).
Corría o ano 1508 cando o Papa Julio II encargou a un xoven pintor de Urbino, Rafael Sanzio, a decoración das estancias vaticanas que logo adicaría as súas habitacións privadas. Unha desas estancias, a chamada da Signoria, sería pintada cun mural de 7,70 metros que ilustra un dos catro conceptos asociados á relixión: A filosofía. O resultado final foi un fresco titulado A Escola de Atenas no que xunto a Platón, Aristóteles ou Heráclito, aparecen cincoenta e oito personaxes entre os que destaca unha muller vestida de branco, Hipatia de Alexandría, un rarísimo exemplo de muller adicada ao coñecemento nun mundo de homes e figura na súa época incómoda para os poderes eclesiásticos do momento. Tal é así que cando Rafael amosou o seu fresco ao público, preguntáronlle: -Quen é esa muller que está no medio? -Hypatia, a estudiante máis famosa da Escola de Atenas respondeulle Rafael.
-Sacádea de aí. Os seus coñecementos e a súa filosofía ían en contra da fe -amonestouno un dos sacerdotes-, polo demais o cadro é aceptable.
-Como vós queirades -contestoulle o artista.
Pero Rafael parece ser que non estaba moito pola labor de xeito que, utilizando a Francesco Maria della Rovere como modelo, xustificou a presenza da súa figura no fresco. Pero, quen era esta muller que fixo incomodar a este sacerdote incluso once séculos despois da súa morte? Probablemente, esta muller, ata o de agora descoñecida para a meirande parte da xente, simboliza como ninguén a liberdade intelectual por riba de crenzas e barreiras ideolóxicas.
Cando o cine achega a súa maxia a un personaxe histórico consegue rescatalo das moitas veces esquecidas páxinas da Historia aínda que algunhas veces sexa deformando á propia Historia. A estas alturas creo que xa ninguén descoñece a nova película de Alejandro Amenábar, Ágora, baseada na vida desta muller, símbolo de tolerancia e razón na súa época e case todos e todas estamos dalgún xeito ao tanto da división de opinións que produce. Non, non lles vou falar da película. Creo que nos atopamos ante un film que nos leva á reflexión polo que cada quen debe ver, interpretar e sacar a súas propias conclusións. Só pretendo afastarme de polémicas e de opinións interesadas que xeralmente películas e personaxes coma este desatan, e centrarme no que a Historia me reflicte cos feitos que coñecemos.
Na cidade que fundara Alexandro Magno, na cidade dos amores de Cleopatra e Marco Antonio, na cidade que albergou a meirande sabiduría de tódolos tempos, pero nun tempo (355 ou 370 415 despois de C.) no que o humano e o divino se mesturaban, nun tempo no que os ventos que sopraban non eran nada favorables para as mulleres, nun tempo onde as intrigas políticas e relixiosas non propiciaban a labor científica nen filosófica, nun tempo e nunha cidade dominada polas disputas entre as distintas faccións cristianas e entre o Prefecto imperial Orestes e o Patriarca Cyrilo, quenes realmente rivalizaban polo dominio político da cidade aínda que tinguíndoo dun berniz relixioso (a vella disputa Igrexa-Estado), viviu esta muller científica, neoplatónica, racionalista, que ensinaba a xudeos, cristianos e paganos e que defendía a idea de que a Terra era redonda e a liberdade de opinar e de pensar. Afastada dos fanatismos do momento, educou e formou a un selecto grupo de aristócratas que logo acadarían relevantes postos na política e no mundo eclesiástico. Nunha cidade dominada polas loitas entre faccións cristianas, xudeas e paganas, ela, unha muller!, era requerida para asesorar ás autoridades da cidade nas súas labouras de goberno. E isto, o que hoxe poderiamos considerar coma o seu papel activo na política, converteuna nun suxeito perigoso e marcou o seu destino final.
Todos los hombres la reverenciaban y la admiraban por su singular modestia e inteligencia, por eso mismo suscitaba una gran envidia y porque conversaba frecuentemente con Orestes, la gente le acusó de ser la causa que Orestes y el obispo no se hicieran amigos. En pocas palabras, algunos fanáticos, radicales y violentos, le vieron en el patio cuando ella iba a trabajar, la arrancaron de su carruaje, la arrastraron a la iglesia Caesarium, la desnudaron, le arrancaron la piel y la carne armados con caracolas y conchas afiladas hasta que su alma dejó el cuerpo, descuartizaron los restos y llevaron los trozos a un lugar llamado Cinaron y allí los quemaron hasta convertirlos en cenizas. (Sócrates, el Escolástico).
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Doping
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Miedo, silencio, chivatos
Jorge Ron
LA OPINIÓN
¿Cuánto quieres los play off?
Gonzalo Iglesias Sueiro
Ilustración oscura (NRx)
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”
AGENDA DE OCIO
El Entroido de Ourense se resiste a despedirse
CIENCIA EN OURENSE
Del espacio al microscopio: la ciencia en Ourense tiene rostro de mujer