Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
Los reyes magos
Son moitas as ocasións que, cando un volve “a vista atrás” e reflexiona sobre determinadas vivencias, adoita facer análise e dase conta como xurdiron as oportunidades na súa vida, para chegar a onde chegou, fora pouco ou moito, ou o previsto. E de paso pensar dos momentos de entusiasmo e ledicias… As penurias habidas xa veñen soas ao recordo, e mellor non volvelas a vivir. Hai casualidades que, trascendendo o tempo, resultan verdadeiras historias reales. Por elo digo que “La historia es más imaginativa que los hombres”, que non é só unha afirmación poética ou filosófica, senón que con frecuencia a historia constrúese con feitos, a veces accidentais, pero que resultan crear unha realidade.
A oportunidade real para min foi o G.E.A (Grupo de Empresas Álvarez), resultando oportuno resaltalo neste tempo. Así é, pois cando en outubro de 1964 a miña nai decide pór terra por medio, como moitos veciños daquela, e arrampar -vaia trauma- con dous fillos e a sogra, para Vigo, fumos a vivir -non foi casual- a un barrio chamado Barreiro, cerca de Cabral, ao lado mesmo onde estaba situada a “Empresa Álvarez”, así se coñecía, aínda que trascendeu como G.E.A., dedicada naquel momento a facer pratos, vasos, e, en xeral, vaixelas de porcelana. Aquí foi onde logrou traballo a miña nai. Pouco máis tarde abriu Vanosa, de mismo grupo, xa dedicado ao cristal, onde dous anos despois entrou a traballar meu pai, unha vez chegado do Brasil, tras uns cantos longos anos por alá…
O señor non era outro que Moisés Álvarez O´Farril -Don Moisés, como era moi coñecido-, home de pel mulata, admirado en xeral polos traballadores.
Claro!, que estando en tempos de recordo, sobre todo en datas próximas aos “Reis Magos”, non resulta casual que de súpeto veña a miña memoria o G.E.A. No só por darlle a necesitada oportunidade de traballo a miña nai, senón tamén que, como cativo, disfrutei como endexamais o fixera con “Os Reis”. Por primeira vez, o cinco de xaneiro de 1965, os meus ollos miraron en vivo e en directo unha grande cabalgata, repleta de agasallos, e con Melchor, Gaspar e Baltasar, comandandoa e repartindo os agasallos aos fillos dos traballadores -neste caso traballadora-, os cales acudíamos ao pé da gran cabalgata, no mesmo recinto da fábrica, cun pequeno papel na man, a modo de postal, onde nos identificábamos para recibir o agasallo dun dos “Reis” ou dos paxes que estaban no redor. Qué espectáculo.
Hoxe, máis de cincuenta anos despois, a noticia é que “La fábrica del G.E.A. en Cabral tendrá hasta 950 viviendas y un parque”, cando no seu esplendor nos anos sesenta chegou a ter cinco mil empregados, exportando para todo o mundo. O que foi, unha fábrica de cerámica -Cerámica Álvarez- máis importante de España, grazas a un ourensán nacido en Gomesende en 1873 -Manuel Álvarez Pérez-, que tan pronto cumpriu 18 anos emigra a Cuba, establecéndose en Santa Clara. Aquí comeza a traballar nun serradoiro de madeira fina, para a fabricación de puros habanos, e casa con Clara O´Farril, muller de color; un dos fillos -Moisés Álvarez O´Farril- foi, pasado o tempo e de volta a España a familia, o verdadeiro autor do crecemento do Grupo de Empresas Álvarez (G.E.A.)
Fun testemuña a finais dos sesenta, xogando na barriada de Santa Clara, fronte á Fábrica, entre as vivendas -quedaban espazos que se habilitaban para xogar ao fútbol e baloncesto- para os traballadores, cando pasando un señor de pel ben morena, non tan habitual naquela época, un chaval participante na pachanca de fútbol grita cabrón, ladrón -seguro que o escoitara na casa-, e o señor cun xesto pausado, tranquilo, preguntoulle o motivo para insultalo; ao que o chaval agachou a cabeza e foiese do lugar, como se nada sucedera, non sen antes levar algún reproche dunha xente que estaba vendo o xogo. O señor non era outro que Moisés Álvarez O´Farril -Don Moisés, como era moi coñecido-, home de pel mulata, admirado en xeral polos traballadores. Cando subíamos ao Monte do Castro decíannos “ese e o chalet de Don Moisés”, ubicado ao entrar. Quen me ía dicir a min que, grazas a un ourensán de Gomesende, puden ir para Vigo, e ver os primeiros “Reis” cerquiña dando agasallos, caramelos… “La historia es más imaginativa que los hombres”. Saúde e bos Reis.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
"EMERGENCIA ESTRUCTURAL"
Autónomos advierten de que Galicia cerró 89 comercios al mes durante 2025
reacción económica
Las petroleras estadounidenses se disparan en Wall Street