José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Escavacións arqueolóxicas nas orixes de Ourense: As Burgas (II)
Tourém contrasta con Randín. Mentres do outro lado da raia a economía agraria é puxante e a poboación moi numerosa, deste lado o censo de habitantes é mínimo, composto pro xente vella que xa abandonou as actividades agrícolas.
Tourém e Randín comparten o mesmo espazo natural do parque do Xurés e unha historia común. Poucos territorios teñen sido obxecto de tanta atención polos antropólogos e creadores literarios. Joâo Gonçalves da Costa, António Lourenzo Fontes, Paula Godinho ou Bento da Cruz pola banda portuguesa dedicáronlle monografías e relatos literarios que se complementan cos que Xoaquín Lourenzo "Xocas", Méndez Ferrín, Luís Manuel García Mañá, Antón Riveiro Coello e Xosé Benito Reza teñen publicados. Otero Pedrayo na súa novela "O señorito da Reboraina" describe as actividades conspirativas de Xoán Manuel Pereira nas loitas entre liberais e absolutistas por aquelas terras.
Ese escenario tamén foi elixido en 1936 polos republicanos galegos que fuxían da persecución da sublevación militar. Luís Soto Fernández nas súas memorias describe así a Tourém: "é un pobiño que tiña entón corenta veciños e no intre en que eu recalei nesa aldeiña había oitenta refuxiados galegos, todos sen un can e sen teren que comer. Os corenta veciños, pobres de solemnidade, axudaban ós nosos fuxidos, pois só había dúas familias que se desenvolvían económicamente ben: o farmacéutico e o profesor Barros, un conservador, oliveirista, pero con sentido humano, mentres que o señor Barros,que era masón e mestre de escola, era antifascista".
Por Tourém pasaron ducias de galegos: pasou o doutor Antonio Fernández Carnicero, médico, e outros compañeiros de profesión aos que relaciona David Simón Lorda no seu documentandisímo libro sobre os médicos perseguidos na provincia de Ourense. Por ali pasaron tamén o deputado Alfonso Pazos, o poeta Delgado Gurriarán e outros moitos, que deste xeito salvaron a vida. Algúns estiveron metidos nun agocho moi ben desimulado que tiña a casa dos Bragança que aínda se pode ver hoxe.
Luís Soto, amigo e compañeiro meu nas lides políticas, tíñame insistido na necesidade de recoñecerlles tanto ao profesor Manuel Barros Gonçalves como ao pobo de Tourém os sacrificios e solidaridade. Recollín o seu mandado e xa hai anos que celebramos un acto de homenaxe a aquel mestre colocando unha placa na casa onde vivira. Agora, o próximo día 15, ás 12:30 horas, promovida pola Fundación Lois Peña Novo dentro das actividades do roteiro "Luís Soto. Vieiros da Memoria", e coa inestimable colaboración do Alcalde de Calvos de Randín, Aquilino Valencia, celebraremos un acto público co descubrimento dun monumento en homenaxe a aqueles homes e mulleres de Tourém que deron acubillo e protección aos loitadores polas liberdades en 1936.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Escavacións arqueolóxicas nas orixes de Ourense: As Burgas (II)
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Marcos, el mochilo
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El burka de la izquierda
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Doping
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”
Segmento prémium
Los Alpes suizos, un refugio (también) para el capital