Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Doping
Que razón tiña Antonio Machado cando dicía aquilo de méntese máis da conta por falta de fantasía: tamén a verdade se inventa!
Levo lidos artigos escritos en diferentes medios e por distintas personalidades, unhas máis famosas ca outras, unhas máis independentes ca outras, sobre o que pasou e está pasando en Honduras e permítanme mostrarlles a miña perplexidade. Non acabo de comprender a diferenza que algúns nos queren facer ver entre golpes de Estado bos e golpes de Estado malos, para xustificar o inxustificable.
Dinnos que sacar ao presidente dun país da cama, levalo en pixama á fronteira e expulsalo, suspender as garantías constitucionais, poñer ao exército e á policía na rúa, mergullar a un país en toque de queda, fomentar o odio e a división entre a cidadanía,..., é legal e non constitúe golpe de Estado porque se fai para defender a legalidade. E eu que pensaba que a legalidade se defendía nos tribunais!, pobre de min!
Aos que estudamos algo de Historia explicáronnos aquilo de golpes en contra do Estado e golpes desde o Estado. Lembrando aquelas vellas leccións, dáme que en Honduras deuse un golpe contra o Estado para previr un golpe desde o Estado, dicíndonos que deste xeito se evita un baño de sangue, iso si, abrindo unha profunda fenda no país entre defensores do golpe e seguidores de Zelaya, entre a clase empresarial, que controla o 90% da riqueza do país, e as clases populares. E unha pregúntase por que se este señor era un delincuente, un corrupto, un violador da orde constitucional, non o detivieron e o levaron ante un tribunal para ser xulgado no seu propio país, aos ollos de todos os hondureños e do mundo? Por que preguntar á cidadanía pode ser un delito? Por que había que convocar o referendo agora e non se fixo antes ou non se presiona para que se faga despois?. Como se reforma unha Constitución que prohibe a si mesma reformarse? A que lle tiñan medo os opositores ao referendo? En fin, como case sempre estou feita unha lea e só teño unha cousa clara: os feitos. Vexamos:
A Constitución hondureña, escrita no 1981 e tutelada pola ditadura militar e a oligarquía hondureña, prohibe expresamente a reelección presidencial e a posibilidade de reforma canto ao período presidencial, a ser novamente presidente e a expatriación de calquera cidadán hondureño.
Zelaya, elixido no 2005 polo partido Liberal, non é para nada un revolucionario só é un populista con amizades perigosas, Chávez, Morales e os dirixentes cubanos entre outras, que o afastan da inmovilista oligarquía hondureña (Forzas Armadas, terratenentes, empresarios e Igrexas).
En novembro celebraranse novas eleccións presidenciais e Zelaya, que parece non ter moitas gañas de afastarse do poder, decide convocar un referendo para que a cidadanía decida se cómpre reformar a Constitución. De ser o resultado positivo nas mesmas eleccións de novembro elixiríase unha Asemblea Constituínte. Feito que foi apoiado polos sindicatos e a gran maioría das asociacións sociais do país.
A fachendosidade do presidente e os seus erros políticos atoparon a oposición das Forzas Armadas, do Congreso e a Corte Suprema de Xustiza a quenes non se lles ocorreu outra solución que o esperpento que todos vostedes xa coñecen e ao que algúns xa lle deron o nome do golpe dos idiotas contra os hipócritas. Calificativo ao que humildemente me sumo. Protexeuse a orde constitucional violando a propia constitución e os dereitos non só do presidente elixido polos cidadáns senón de todos os hondureños. Hai quen dea unha dose de estupidez meirande? Ante os feitos, xulguen vostedes mesmos para que a verdade non sexa inventada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Doping
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Miedo, silencio, chivatos
Jorge Ron
LA OPINIÓN
¿Cuánto quieres los play off?
Gonzalo Iglesias Sueiro
Ilustración oscura (NRx)
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”
AGENDA DE OCIO
El Entroido de Ourense se resiste a despedirse
CIENCIA EN OURENSE
Del espacio al microscopio: la ciencia en Ourense tiene rostro de mujer