Xabier Limia de Gardón
ARTE ET ALIA
Notas á Metástase, de Xosé Lois Vázquez
Cada época do ano regresa marcada pola súa propia cadencia. Ritmo que ao tempo que semella repetirse tamén advén sempre novo. Entre estes detalles atopámonos ao espertar da flor que viste o inverno. O branco e o rosa, a xeito de pequenos copos, adiantan unha esperanzada primavera exterior e interior. A coraxe fráxil e humilde da amendoeira que desafía co que sinxelamente é ata o frío destas datas.
Non se comparan, tampouco pretenden destacar nin ofrecer nada que non son e, como sucede en tantas ocasións coa natureza, convértense nunha fermosa ensinanza para a ollada do ser humano maduro e lúcido que repara niso. ¡Canta humildade debemos practicar! Quizais en pequenas doses, quizais deba ser unha receita que prescribirnos cada oito horas, pero faise de todo urxente co obxecto de que poidamos evitar saltar por riba da realidade na que vivimos e sobre a que, ademais e falazmente, pretendemos te-la "verdade". Porén, dita verdade só se acada a perspectiva dende a que miremos a vida, non podemos xogar coa sensibilidade que nos fai a todos vulnerables.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ELECCIÓNS MUNICIPAIS
Dous de cada tres candidatos a alcalde repiten nas cidades galegas en 2027
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
Os apaleados de Celeiros e outras nupcias
CUARTA EDICIÓN
Lobios celebra a cultura do millo coa IV Festa da Respiga