Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
La puerta que fue bodega en la calle Hernán Cortés
Moitos pensarían que era imposible atopar nas máis altas esferas do poder xente con idiocia, pero ante a evidencia calan, sofren, aguantan o tirón e calan. Disimulan como poden, encobren a situación con vergoña e agardan tempos mellores, sen saber se chegarán. E, todo chega. Veñen agarradas da man, suxeitas pola ignorancia, a arrogancia, a envexa e a falsidade. Veñen e van, sen razón, sen motivo, sen permiso e sen espera, aínda sabendo do enorme mal que fan. A idiotez defínea o dicionario como “deficiencia mental profunda” e atribúelles ás persoas que se dedican á política como a aquelas que teñen calquera outra ocupación, unha intelixencia e unhas facultades afectivas sensoriais e motoras diminuídas.
Diminuídas, si señor!, arremedando a Ánxel Fole, aquel magnífico mestre da palabra e da escrita, de cando moitos dos lectores, e eu mesmo, eramos mozos. Daquela época da Luz do candil no Incio da Cruz, na Lóuzara de Samos e en Lugo da Muralla, nos lugares de Ourense, de arriba e abaixo, no Ribeiro e a Ribeira Sacra. Coa Luz do candil nas escolas todas, nas do interior e na Pontevedra costeira, nas da Coruña do Parrote, xacobea e mariñeira.
Facultades diminuídas ou anuladas, as daqueles que interpretan o mundo como o seu patrimonio e o goberno como un círculo de confianza, sen decatarse de que, a pouco que se despisten, poden convertelo en circo, mil veces lonxe do canadense “Circo del Sol”, integrado por magníficos pallasos, trapecistas e expertos en acrobacia, como se non soubesen que en política, e de modo especial en política sanitaria, estas artes son aínda máis perigosas.
Estes, nos que estamos, son tempos de reflexión, para repensar, para escoitar, escoitar e calar, para dar quenda á ciencia e ao sentido común. Cando veñen mal dadas, é cando se precisa máis xeito, máis comprensión e entendemento, máis harmonía nas diversas accións, máis afán polo ben colectivo, máis desprezo á idiotez e aos idiotas, máis esforzo e moita máis intelixencia, para agrandar a intelección.
Se vostedes tiveran tempo, podiamos anotar nunha libreta o nome de tódolos idiotas que se coñecen. A listaxe sería útil para o conveniente ou imprescindible illamento social. A Tía Manuela teno ben claro, “entre os primeiros da listaxe, cando menos un deles”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
La puerta que fue bodega en la calle Hernán Cortés
TAL DÍA COMO HOY
Curiosidades de “Cuento de Navidad”
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Lo peor de las reacciones
Julián Pardinas Sanz
El "tonto útil" de la política
Lo último