Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Trump hace trampa en Oriente Medio y El Golfo
O AFIADOR
Andaba o mundo revolto a conta das liortas que se reproducen eiquí -cerca de nós-, alá e acolá como se fosen cogumelos, cando Trump, lanzado á satrapía, se sumou á febre belicista metendo o nariz onde albisca que pode obter beneficios para o seu patrimonio e o das grandes compañías paisanas ou amigas. Soña con converter Ucraína, Gaza, Groenlandia ou Venezuela -de momento-, en xigantescos talleres ou reservas para inflar a economía das empresas estadounidenses.
Neste último país encargou a uns propios que capturaran a Maduro para sustituilo como presidente interino de Venezuela, nomeando como valida a Delcy Rodríguez, vicepresidenta co presidente cautivo e inimiga confesa do imperialismo norteamericano, con Trump á cabeza. (non pida explicación cabal a este galimatías, porque racionalmente non existe). En cambio, deixa fóra da ecuación para resolver a situación á opositora María Corina Machado, cabeza visible do enfrontamente ao chavismo, porque non a ve capaz de aglutinar apoios que garantan o seu liderado na transición á democracia. “É agradable, pero non goza de respecto xeral no país”, dixo a modo de menosprezo, mentras eloxiaba e confirmaba no cargo a quen foi ata eses instantes parte activa na política de represión das liberdades, da que a propia Machado é vítima destacada.
Se eso é así, igual Trump -so por esta vez- ten razón e María Corina Machado non é a persoa capaz de levar ao país ata a Venezuela que soñan millóns de venezolanos, incluidos tantos que viven entre nós
Tratando de non perder comba, a líder opositora acudiu aos Estados Unidos para ser recibida por Trump para tratar de convencelo de que a teña en conta en movementos políticos normalizadores da vida e do funcionamento do estado venezolano. Para elo louvou a figura do titor actual do seu país e mesmo lle fixo entrega da medalla acreditativa do Premio Nobel da Paz, co que foi distinguida pola comisión delegada do Parlamento noruego para tal cometido, e da que, na sua egocentria, o propio Trump se sinte acreedor. Craso erro, porque o galardón é irrenunciable e non se pode compartir, polo que o xesto provocou un forte malestar no comité elector, así como no goberno e demáis estamentos da sociedade do país concesionario. Súmanse, por certo, a un movemento ben perceptible que entendía que a laureada non reunía as condición para tal distinción.
Porén, peor que iso é a cesión de dignidade por parte de Machado, incapaz de ver que Trump só ansía o petróleo como instrumento de presión fronte a países relevantes no concerto mundial e, en cambio, non lle importan o máis mínimo as liberdades e a democracia en Venezuela. Se eso é así, igual Trump -so por esta vez- ten razón e María Corina Machado non é a persoa capaz de levar ao país ata a Venezuela que soñan millóns de venezolanos, incluidos tantos que viven entre nós.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Trump hace trampa en Oriente Medio y El Golfo
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
Para cando pasear pola alameda?
Xoán Antón Pérez-Lema
A trampa da alta velocidade radial
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
Prestige
Lo último
RECLAMAN MÁS ZONAS VERDES
La revegetación de Otero Pedrayo levanta críticas de los vecinos
La Región
No todo es cuestión de azar
Tras finalizar a medianoche
El pleno de Barbadás pasa al turno de mañana