José Luis Gómez
CUENTA DE RESULTADOS
Cuando arde el monte, arde la economía
O 4 de agosto do 2022, pola tardiña, escribía eu: “Cheguei a casa realmente canso, logo de case vinte e catro horas de garda, da tensión acumulada e os sesenta e seis anos por riba da chepa; pero cavilando en que fixeramos en Verín todo o que estaba nas nosas mans; e que agora, logo do horror que comezara polas tres da tarde, volvía, paseniño, a normalidade. Fixeramos todos -iso pensaba e sigo pensando-, un bo traballo, aló, nos arrabaldes de Verín; dende O Polvorín, Cabreiróa, Ábedes e a capela do San Antón onde comezara aquel horror, ata Bemposta e A Veigá das Meás por onde andaba agora o lume, un lume que logo dun arduo e perigoso traballo íamos camiño de controlar.
Dende os meus compañeiros ata os axentes, condutores, bombeiros forestais e urbanos, emisoristas e persoal sanitario, UME, Protección Civil, Garda Civil, veciños, pilotos dos medios aéreos, forzas e corpos da seguridade do Estado
”Pero, o que realmente ocupaba a miña mente cando amencía este novo e caloroso día de agosto é que, independentemente do cambio climático, da biomasa e do combustible amoreado, do maior ou menor despregue de medios, da nosa maior ou menor eficacia, dos pirocúmulos e a marcha errática dos incendios de sexta xeración que devoran milleiros de hectáreas nunha soa xornada, era que, por desgraza e logo de tantos anos, estes desalmados seguen aí... Onte, pasámolo mal, pero non houbo que lamentar desgrazas persoais, e os danos materiais foron menores dos que temíamos nun primeiro e dramático momento. Temos que estar satisfeitos. Todos. Dende os meus compañeiros ata os axentes, condutores, bombeiros forestais e urbanos, emisoristas e persoal sanitario, UME, Protección Civil, Garda Civil, veciños, pilotos dos medios aéreos, forzas e corpos da seguridade do Estado; todos colaborando activamente para deter aquela calamidade, e, de ser posible, ese canalla”.
E logo arremetía duramente no meu escrito contra o descoñecido causante daquel espanto. Pois ben, axiña soubemos, grazas ao excelente traballo da Garda Civil de Verín, do Seprona e da Unidade de Investigación de axentes forestais, coordinados pola fiscal de medio ambiente Carmen Eiró, que a responsable daquel desastre fora unha señora que traballaba de limpadora no concello de Verín, e que, segundo se desprende do xuízo celebrado hai poucos días, esta muller ten afectadas as súas facultades mentais ademais de serios de problemas co alcol. Cuestión que quizais a máis de un lle sorprenda, pero non a nós, porque en Galicia máis do 70% dos lumes son intencionados (a maior taxa con diferencia de España), e porque sabemos que moitos deles son causados por incendiarios que atenden a un perfil similar ao desta señora de Verín.
E por todo iso podemos concluír que o mundo rural non só sucumbe ante a indolencia e apatía dos gobernantes, senón que, ademais, está enfermo; por múltiples causas, e non só pola elevadísima idade dos seus habitantes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
José Luis Gómez
CUENTA DE RESULTADOS
Cuando arde el monte, arde la economía
Xosé Benito Reza
TRIBUNA
Paisaxes Oterianas
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
El último dandy
Jesús Prieto Guijo
De Naranjito a Chiño
Lo último