Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Gobierno de los líos
DIARIOS DO PASADO
Os incendios son unha praga que soportamos con estoica resignación. Os medios de comunicación alertan das hectáreas -cada unha equivalente a un “campo de fútbol”, insisten- que devora o lume inmisericorde. Este, incontrolado, destrúe ecosistemas e, cando funesta ocasión, vidas humanas. Pero tamén afecta ao patrimonio cultural. A prensa da conta do incendio en Las Médulas, entorno cultural e paisaxístico creado ao redor da explotación mineira romana do ouro no veciño Bierzo. Sen esquecer o da catedral, antes mesquita, de Córdoba. Pero os incendios urbanos merecen un capítulo diferente, que non trataremos agora.
Estes días lía o extenso informe de 2024 “Efectos de los incendios sobre el patrimonio cultural”, da Fundación Santa María la Real. Segundo o propio texto “...se ha tomado como base de estudio el GIF -gran incendio forestal- de Navalacruz (Ávila) ocurrido en 2021, que afectó a una inmensa superficie tanto de riqueza natural como cultural, incluyendo a varios elementos arqueológicos como el Castro de Ulaca”. Entre outras consideracións, analiza o efecto do lume sobre 45 elementos culturais, arqueolóxicos, etnográficos e, mesmo, bens de arqueoloxía industrial neste territorio de Castilla y León. Deles 18 son Bens de Interese Cultural, BIC. Entre eses elementos e xacementos arqueolóxicos atópanse gravados rupestres, despoboados, sartegos antropomorfos, o castelo medieval de “Manqueospese” ou castro vetón de Ulaca, principalmente da Idade do Ferro, que conta con elementos como o afamado altar de sacrificios ou a sauna ritual, semellante ás nosas pedras formosas. Non faltan outros asentamentos variados, muíños e bens propios do patrimonio industrial, caso dunha “fábrica de luz”, diques de encoros ou pasos sobre ríos.
Afortunadamente, para os 45 elementos patrimoniais, 33 -o 73%- foron afectados de forma leve; 9 -o 20%- con danos moderados e 3 -o 7%- con efectos graves, un deles ata a destrución.
Segundo o documento elaborado por “Terra Levis. Museo Abierto Sierras de Ávila y Valle de Amblés” para o informe que hoxe comentamos, dedúcense tres tipos de efectos e impactos do gran incendio: leve, moderado e grave. Afortunadamente, para os 45 elementos patrimoniais, 33 -o 73%- foron afectados de forma leve; 9 -o 20%- con danos moderados e 3 -o 7%- con efectos graves, un deles ata a destrución. Mais, cales foron os danos? Os leves concrétanse, principalmente, no ennegrecido das cachotarías construtivas e dos restos cerámicos de superficie, así como alteracións cromáticas e oxidación nos elementos de pedra, arrastres de material arqueolóxico despois da perda da cobertura vexetal, alteracións térmicas na rocha soporte das sepulturas antropoides, aínda que sen outra modificación aparente. En canto aos danos moderados, detéctanse exfoliacións e alteracións cromáticas nas construcións, a posible alteración dos primeiros estratos dos depósitos arqueolóxicos e a aceleración dos procesos de ruína das edificacións pola aparición ou acentuado de fendas. No patrimonio etnográfico e industrial, con estruturas non tan antigas, o lume afectou ás madeiras das cubertas. Na necrópole do castro de Ulaca detectouse que a afección térmica provocou un cambio de coloración e da composición química. Finalmente, os danos graves, sobre o xacemento de El Cogote do complexo etnográfico de cantos gravados de Las Chorreras. No primeiro, un asentamento con restos cerámicos, pétreos, vítreos e óseos, a elevada temperatura da combustión provocou a aparición de fendas, oxidación, exfoliacións e cambios na cor. En Las Chorreras o lume dos incendios queimou os musgos e liques adheridos aos elementos pétreos, contribuíndo ao degradado e á descomposición da rocha, ademais de atoparse produtos e subprodutos da combustión. Por último, destacar que dos tres elementos que sufriron danos graves, a ponte histórica de Muñico entra na categoría de “ruína/colapso”, debido á quebra case total da poldra provocada polas crecidas posteriores ao incendio.
En Galicia ocorre algo semellante, polo que debemos avaliar e corrixir. Existen traballos nesa dirección, entre elas “Tecnologías cartográficas para la caracterización del entorno de agrupaciones de yacimientos arqueológicos de cara a la gestión integrada de incendios forestales y patrimonio cultural” ou o proxecto “Interfaz”, no Baixo Miño. Sabemos que ás veces eliminación da vexetación permite descubrir novos xacementos. Pero faise esencial protexer o patrimonio arqueolóxico do nefasto lume.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Gobierno de los líos
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Escavacións arqueolóxicas nas orixes de Ourense: a praza da Madalena
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Fraga, el primer pasajero
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Cuestiones de familia
Lo último
CERRAR UNA ENTRADA A LA CIUDAD
Galería | Largas hileras de tractores bloquean la N-120 en Ourense, en el cuarto fin de semana de protestas
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado, 17 de enero?
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este sábado, 17 de enero, en Ourense