Julián Pardinas Sanz
Defender la Justicia es defender la democracia
Haberiamos de partir do que se evidenciaría tras ter en conta certas consideracións dentro do noso complexo sistema da lingua, que nos permitirán extraer conclusións que dunha vez por todas desboten calquera mínimo dexergo de partidismo extralingüístico, ou dito doutro xeito, propoño formular unha resposta con ánimo aclaratorio para a seguinte pregunta: ¿O español (castelán), en tanto que idioma, é sexista? A resposta, creo, non se fai esperar: Si, rotundo, pero habería que matizar aspectos importantes, non á evidencia, senón a cómo se pretende emenda-lo "desatino", que diría Cervantes, en inadmisibles termos machistas e sexistas.
Se nos atemos ao vocabulario, pouco habería que aclarar a este respecto: Mentres "zorro" é definido pola RAE como "home moi taimado e astuto", na súa quinta acepción, "zorra" pola súa banda, viría a significar "prostituta", nun cuarto significado.
Porén, noutro marco nada paradigmático, aínda que sería lingüisticamente correcto emprega-lo xénero masculino (non sempre coincidente co sexo, remarquemos ben ese aspecto) para referirnos tanto ao masculino coma o feminino conxuntamente, acostúmase poñe-lo grito no ceo pretendendo dicir que existe sexismo en tal aspecto gramatical. Separemos, pois, o politicamente correcto do lingüisticamente correcto. Se isto non se capta cunha mínima sensatez poderíamos rematar dicindo disparates como "membro" e "membra", crendo ignorantemente que o segundo é feminino do primeiro, pero por esa mesma regra de tres caeríamos a aberracións lingüísticas como engadir "o masculino" a toda palabra que remate en "a" ("pianisto").
Non esaxeremos actitudes e traballemos a prol da muller pero intelixentemente, do contrario, todo o avanzado volveríase na súa contra dunha forma caricaturesca e non faltarían tamañas cabestradas a xeito de grotescas gargalladas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 7 de julio
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 7 de julio