Jaime Fernández Garrido
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
O poder de matar
¡BUONE VISIONI!
Entre os deportes máis retratados polo cinema, despois do baloncesto e o boxeo, están as artes marciais. Por outra banda, en España este deporte levouse pouco á gran pantalla. Relacionouse máis coa comedia ou co cine B, con películas como “La sombra del judoka contra el Doctor Wong” (1985) de Jesús Franco ou “Kárate contra mafia” (1981) de Ramón Saldías.
Así, “Karateka” de Aritz Moreno convértese agora na película española de referencia sobre este deporte. É un biopic sobre Sandra Sánchez, a deportista de elite que conquistou a medalla de ouro nos xogos olímpicos de Tokyo no 2021 na categoría do kata -unha modalidade de karate que se practica en solitario, sen combate-. Sánchez é unha muller que nunca deixou de crer nas súas capacidades como deportista e que desafiou todas as convencións. Chegou a ser descartada por organismos oficiais para logo ser considerada a mellor karateka de todos os tempos en kata. Baixo a guía de Jesús del Moral, o seu adestrador primeiro e logo compañeiro de vida, Sandra emprendeu unha viaxe case imposible e ilusionante: conquistar o ouro olímpico aos seus 39 anos -os máis veteráns deste deporte retíranse aos 30 anos– e na terra onde o karate é algo profundamente identitario.
A cineasta consegue construír un relato de superación con alma española. Hai chiscadelas ao cine de artes marciais e, en xeral, a outros filmes de superación sobre o deporte pero sen caer nos chichés do xénero. Incluso podemos afirmar que, neste sentido, “Karateka” é un filme moi europeo. Mantén unha mirada singular incluso nas escenas rodadas en Taiwan e Xapón.
Outro logro do filme está na súa mestura peculiar entre romance e drama deportivo. “Karateka” relata a historia de amor entre Sandra Sánchez e Jesús del Moral pero parece centrarse máis na amizade entre a campioa española e a súa máxima rival, “The Queen of Kata”, interpretada pola nipona Mizuki Yoshima. “Karateka” é unha película de loita que transcende o kárate e aquí está outro dos seus méritos. Non hai unha batalla final onde se enfrontan un bo e un vilán ao estilo “Karate Kid”, entre un Daniel LaRusso e un Johnny Lawrence por exemplo. Pero, ao mesmo tempo, están todos os elementos da épica deportiva, sempre derivados nunha clave máis humanista. Hai obstáculos que atravesar, adestradores exixentes e un mestre oriental que está entre Mutenroshi de ‘‘Bola de dragón’’ e o Sr. Miyagi. Pero distánciase das películas estadounidenses clásicas sobre as artes marciais.
A nobre arte do kata está moi ben filmada pola cineasta e o director de fotografía Javier Agirre. A cámara consegue transmitir toda a súa forza e equilibro desta disciplina a través dunha planificación visual moi estudada e coidada. As actuacións son impecables, desde a extraordinaria Andrea Ros ata Patrick Criado.
Finalmente “Karateka” é un filme deportivo bastante ben logrado, onde todos os elementos encaixan de forma harmónica. É un relato que entretén e emociona a partes iguais. É unha mirada atípica dentro do panorama do cinema español. Segue programado na carteleira do cinema comercial.
La cartelera de los cines llega marcada con la precuela de “Los juegos del hambre: amanecer en la cosecha”. El drama tiene también presencia destacada con “El mal padre”, “El director” y “Rose”. La comedia llega de la mano de la francesa “Ooh La La! ¿Quién lo hubiera pensado?”, mientras que “Citas” apuesta por las relaciones personales y sentimentales. Completan las novedades “Hechos probados” y “Sucia”, que amplían la oferta cinematográfica de la semana.
“Los Juegos del Hambre” arranca en la mañana de la cosecha de los 50º Juegos del Hambre, conocidos como el Segundo Vasallaje de los Veinticinco. El cine español aborda los entresijos del poder mediático con “El director”, un drama con tintes de thriller periodístico, la película adapta el libro homónimo del periodista David Jiménez, basado en su experiencia al frente del diario “El Mundo”. La comedia dramática española “El mal padre” llega a las salas bajo la dirección de Roberto Bueso y con Eduard Fernández al frente del reparto.
El drama judicial “Hechos probados” combina conflictos legales y familiares bajo la dirección de Luis Arranz. El filme es protagonizado por Amaia Salamanca y Marta Hazas.
Películas galegas premiadas en Sevilla
O Festival de Cine Europeo de Sevilla vén de clausurar a súa 23ª edición coa lectura do seu palmarés, o pasado sábado, no Teatro Lope de Vega. O filme “Tralovento” dirixido por Eloy Domínguez Serén, producido por Zeitun Films e gravado integralmente na Provincia de Ourense, recibiu o Premio a Mellor Actriz para Melania Cruz. Mentres a Mención APSA a Mellor Son de Película Española -un nuevo galardón que entrou este ano no palmarés- concedido pola Asociación de Artistas e Profesionales do Audiovisual de Sevilla foi para “Monstro” de Andrés Goteira.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Jaime Fernández Garrido
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
O poder de matar
Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
"Karateka"
Lalo Pavón
O AFIADOR
A cidade de nunca xamais
Rafael Dávila Álvarez
Recomendaciones antes de votar
Lo último
NUEVAS MOVILIZACIONES
Asilival refuerza su lucha por Neumología
CARRERA LABORAL
Desayunos laborales conectan a estudiantes con empresas