Pilar Cernuda
LAS CLAVES
Sánchez, cuestionado por los suyos pero inamovible
TRIBUNA
Denantes de comezar a escribir este texto (para o que me ofrecín, coma quen dá un paso máis na longa e frutífera andaina que levamos mantendo ambos dende practicamente a súa chegada a Ourense), loxicamente pregunteille como ía ser o título da exposición.
Porque en los tres casos –música, literatura o plástica- el arte tiene asiento en el secreto de la cotidianidad
Facendo uso do seu laconismo expresivo, contestoume: “Leandro Sánchez… Humildemente”.
A miña resposta tamén foi lacónica: “¡Un buen título!”
Entón, o cerne da cuestión asomou pola xanela coma un bafo sutil e latente sobre a súa man de autor iconoclasta, que envolveu de veracidade a miña espontánea apreciación: “Lo pusieron los de la Fundación Cum Laude”
Entón eu incidín: “¡Pues es muy acertado!
E a conversa (agora disque tamén se lle chama así ás que mantemos por mensaxería) continuou polos vieiros do laconismo expresivo: “Ya, de principio no me gustaba, pero…”
Ata que tocou ó seu fin coa segunda apreciación miña, que creo que resume con claridade diáfana o acerto que tiveron na Fundación Cum Laude á hora de elixilo: “¡Claro… Porque es cierto!”
Pois ben, aínda que aparentemente a imposición dun título a unha colección de obras de arte non semelle radicalmente importante, hai casos de éxito nos que abonda con lelo para logo ir comprobando, obra tras obra, como en todas e cada unha o observador intúe a súa presenza a xeito de marca de auga.
E este é un caso auténtico, xa que logo, para abordar imaxes do cotián -en moitos casos aparentemente inanes e transparentes para o común dos mortais- e ser quen de elevalas á categoría de arte maior (que é o que é, para min, a pintura hiperrealista) é evidente que iso non se logra se o autor non o aborda dende unha posición de humildade que non tódolos que se dedican ó alto oficio da exploración artística son capaces de soster fronte á súa propia obra creativa.
Pois velaí onde é que, sen desmerecer outras técnicas que forman parte da súa fértil travesía dende os tempos de Mallorca, Leandro Sánchez se comporta coma un auténtico mestre. Porque é capaz de tomar como ferramenta mental a paleta básica de colores coa que interpreta a súa vida cotiá e, coa mesma técnica de humilde artesán coa que transita polo día a día, transformar nunha obra de arte que excita a mirada do observador, unha simple coliflor convertida nun facho olímpico, un vaso de viño abandonado nunha mesa despois de ter mollado a palabra, unha simple cereixa vencendo o colorido sobre o lenzo escuro que a ameaza ou unha colección de botellas de cristal sometidas a un acto de desafío total contra ós principios físicos de Newton.
Despois de escribir o que acaba de ler, lembrei palabras escritas no 2006 como consecuencia das reflexións que aquela pintura de Leandro provocou en min e nas que xa a humildade sobrevoaba a súa arte e, o que é máis importante, a súa persoa.
Palabras que daquela escribín en castelán –por iso da súa orixe mallorquina- e que hoxe resumo neste primeiro parágrafo:
“Al instalar mi soledad delante de su obra, en tromba galopan por la senda de la imaginación algunas letras de Serrat bañándose en su Mediterráneo natal, párrafos escogidos del realismo mágico de García Márquez en el Macondo de sus “Cien años de soledad” y una multitud de pacientes trazos, sutiles, fieles a su mano. Porque en los tres casos –música, literatura o plástica- el arte tiene asiento en el secreto de la cotidianidad. Mejor dicho, en la magia de la cotidianidad y en la grandeza de las pequeñas cosas a las que también canta Serrat”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Cernuda
LAS CLAVES
Sánchez, cuestionado por los suyos pero inamovible
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Hay que ir sacando la ropa de fiesta
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Premios de arquitectura en Ourense
Fermín Bocos
Zapatero, cada vez más sombras
Lo último
"MIEDO, ANGUSTIA Y DOLOR"
Entre la ilusión de los niños ourensanos y el estrés de los renos en trineo
PRIMERA DERROTA EN EL PAZO
El COB paga carísimo un mal primer cuarto ante un Gipuzkoa muy acertado (77-89)