José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Escavacións arqueolóxicas nas orixes de Ourense: As Burgas (II)
Que a crise económica semella ter pasado é un dato que os grandes números macro evidencian case sen matices. Estamos a falar de cifras de crecemento sostibles na nosa economía, así como de un mercado laboral en clara recuperación. A tendencia positiva está piques de alcanzar os oito trimestres consecutivos, isto é, dous anos que unha referencia temporal sempre a considerar na análise económica.
Chegados a este punto xorden cuestións sobre as que cómpre reflexionar, sobre todo, botando a vista atrás cara intres no tan lonxanos. Nesta procura de leccións, o Informe de Conxuntura elaborado polo Foro Económico de Galicia proporciónanos, coma sempre dende o seu nacemento hai case tres anos, unha valiosa axuda. Da súa última presentación a semana pasada é posible concretar tres aspectos que veñen a matizar esa contorna positiva de recuperación na que se enmarca a economía galega. Nomeadamente estamos a falar da produtividade, o capital das empresas e o fenómeno da deslocalización.
A comparación entre a produtividade das empresas galegas fronte á media do conxunto do Estado ofrece unha visión negativa. Son oito puntos os que se sitúa por baixo da media española sendo, ademais, máis baixa onde máis se está crecendo e especialmente reducida na industria manufactureira, co cal a situación vese agravada en canto ás perspectivas.
Unha segunda reflexión vén dada cando se atende á dimensión do capital empresarial posto que, malia a crecer en número de empresas constituídas, o capital desembolsado é moi baixo en termos comparativos. En concreto, estase a falar dun terzo da media española ao apenas superar os 30.000 euros o que configura un panorama con novas empresas de moi reducida dimensión.
Finalmente, a marcha de actividades empresariais e, mesmo, empresas enteiras cara outro territorios continúa a se incrementar. Cabe aquí falar do Norte de Portugal que con agresivas políticas de prezos, rebaixas de impostos e flexibilizacións laborais estase a se converter nunha auténtica ameaza para sectores de fonda tradición no contexto galego.
Ante este panorama, cales debes ser os alicerces fundamentais do noso desenvolvemento económico? Pois novamente o Informe de Conxuntura do Foro dá a chave sobre os dous piares sobre o que se debería apostar. En primeiro lugar, resulta imprescindible que as empresas aumenten o seu tamaño superando un minifundismo (neste caso empresarial) que impide que as políticas industriais sexan eficaces e que se poidan aplicar economías de escala. De xeito complementario, hoxe en día non é posible entender o progreso sen o compoñente tecnolóxico. Aquí bastaría con mirar ao que están facendo determinados sectores (o conserveiro sería un bo exemplo) para ter a mellor referencia sobre o que se debe facer.
2017 será, pois, un ano de retos. Todo indica que seguiremos a crecer e confiemos que con maior intensidade. Sen embargo, en tanto e canto as cuestións sinalas non sexan contempladas, os avances se verán matizados.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Escavacións arqueolóxicas nas orixes de Ourense: As Burgas (II)
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Marcos, el mochilo
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El burka de la izquierda
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Doping
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”
CLAVES PARA UNA VIDA LARGA
Calidad de vida, alimentación de próximidad y ser activos mejoran la longevidad en Ourense
FACTORES DE LA VIDA LARGA
Los expertos analizan la longevidad de Ourense