Lembranzas en Catalunya

MI PLAN PERFECTO

Publicado: 21 ago 2026 - 05:10
Visitantes no pobo.
Visitantes no pobo.

Neste verao cheo de calor tomamos camiño de Catalunya. Una decisión pouco axeitada para toparnos cun tempo fresco, pero entre amigos e unha chea de actividades, non deixamos pasar a oportunidade de seguir descubrindo esa Comunidade Autónoma, coas súas xentes, a súa fala e mil recunchos agachados do turismo máis vulgar. E quero chamar vulgar ao máis común, sen ningún matiz sospeitoso de desprezo.

Escena de baile en Martinet
Escena de baile en Martinet

En Barcelona cidade non hai tempo para aburrirse. As exposicións inmersivas como Pompeya ou Sorolla son de moito interés para os amantes da historia e o arte. Os concertos ao ar libre, os paseos polas ramblas ou os musicais enchen de vida a Cidade Condal. Entre as curiosidades está o “Mercat dels encants” onde case podes atopar calquera cousa. As persoas que valeiran os seus pisos chegan case sempre a este lugar onde debes estar preparado para “regatear” o prezo, pois os donos dos postos xa contan con esa práctica. Ás veces dá moita pena ver coleccións feitas con moitos anos de esforzo vendidas por partes. Este ano topamos máis de 500 exemplares do Quixote e diversas linguas e edicións. Tanto antigas como modernas. Pero tamén podemos encontrar coleccions de filatelia, numismática ou cromos antigos de minerais, “Star wars” e un longuísimo etcétera. Os títulos oficiais antigos de universidades ou xornais do século XIX é fácil topalos a prezos populares. Dentro dos álbumes de fotos familiares, que hai centos, chámalle a atención ao meu amigo Joaquín un deles, dedicado ás vacacións dunha familia desde o 9 ao 18 de agosto de 1941 en Martinet. Esta localidade do municipio de Montellà i Martinet está na comarca da Cerdanya, na provincia de Lleida.

Resulta moi curioso os detalles con que se describe cada unha das 72 fotografias, que están situadas nun mapa feito a man.

Contenido patrocinado

stats