Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Sánchez pierde el color verde
Dúas imaxes de Leuter González Salgado, nunha foto dos anos 30 e unha caricatura realizada por Carlos Maside, publicada en Galicia Emigrante, 1958, a revista bonaerense de Luís Seoane. Tiven aínda a sorte de coñecelo nos 70, en actos da A. C. Auriense e na súa propia casa, pois era o avó do amigo Xosé Lois Carrión, que me facilitou a foto. Nos anos 30 militou no Partido Nazonalista Republicano de Ourense e logo no Partido Galeguista de Otero e Risco. Coa chegada da República foi o primeiro concelleiro nacionalista da cidade e tamén obxecto de escarnio dos socialistas, que chegan a pedirlle ó alcalde que lle prohiba falar no Concello no dialecto regional. Mestre de profesión, tamén estivo nas orixes da Caixa de Aforros e presidiu a Cruz Vermella. Nos anos 60 e 70, como outros vellos galeguistas, militou no Partido Socialista Galego de X.M. Beiras. Na revista Galicia Emigrante publicaban o debuxo de Maside con este texto: Eleuter González Salgado, notable pedagogo gallego al que se deben además numerosos estudios breves dedicados a temas de Galicia, en una pose suya en la asamblea de municipios de Compostela, recogida en rápido apunte por el magistral lápiz de Maside.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Sánchez pierde el color verde
Daniel Montero
SUEÑOS DE OLIMPIA
1939, España y el Madrid entre ruina y cenizas
Miguel Abad Vila
MEDICOS POR EL MUNDO
Un agujero en el pecho
Francisco Muro de Iscar
Políticos de bolsillo y políticos de alcantarilla
Lo último