O lugar de Muimenta, en Muíños

DIARIOS DO PASADO

Publicado: 09 ago 2025 - 05:50

Fotografía e debuxo dos sartegos de Muimenta, en Muíños.
Fotografía e debuxo dos sartegos de Muimenta, en Muíños.

Existen en Ourense varios topónimos Muimenta ou o equivalente Moimenta. Os índices de nomes de lugares, os nomenclátor, soen recoller entidades de poboación significativas, de forma especial as parroquias, porque é máis difícil rexistrar paraxes pequenas -microtopónimos-, os accidentes xeográficos e cursos fluviais menores, camiños secundarios, etc., mesmo os dos lugares que delimitan as fincas. Aínda con estas omisións, Galicia conta cunha riqueza toponímica espectacular. Coa súa e extensión de 29.574 km² -só o 6% do territorio español- achega un terzo da súa toponimia total, o que está a indicar a intensa humanización do territorio dente tempos remotos. As ibicacións Muimenta e as súas variantes, están ben representadas, como tamén en Portugal.

A. Moralejo Laso, faino derívar da denominación latina dos monumentos funerarios ou “monumentum” e o seu plural “monimenta”. Ambos proceden do infinitivo tamén latino “monere” do verbo “moneo”, que conta con varios significados.

As entidades de tamaño significativo que aparecen no nomenclátor para a provincia de Ourense redúcense a San Xiao de Muimenta, en Carballeda de Avia, A Moimenta e Vilardebós, e outros dous Muimenta nos municipios de Celanova e Cualedro. Así tamén, nos apellidos que rexistra a web do Instituto Nacional Estadística, Muimenta non aparece -ou a súa frecuencia é inferior a 5 en España ou por provincia- e Moimenta o levan 77 persoas como primeiro apelido e 55 como segundo, todos nas provincias de Pontevedra e da Coruña. Pero hoxen traiolles o nome dun pequeño lugar do val de Salas, no termo municipal de Muíños. Como lles teño advertido noutras ocasións, a investigación toponímica, especialidade dos lingüistas, é un asunto esvaradío para leigos coma min, polo que debémonos apoiar nos estudosos das palabras. A maioría deles, caso do profesor A. Moralejo Laso, faino derívar da denominación latina dos monumentos funerarios ou “monumentum” e o seu plural “monimenta”. Ambos proceden do infinitivo tamén latino “monere” do verbo “moneo”, que conta con varios significados. Entre eles advertir, destacar ou avisar, como tamén recordar. Todos son perfectamente aplicables ao sentido da nosa expresión monumento.

No lugar de Moimenta de Muíños, parroquia de Maus de Salas, descubrimos a principios da década de 1990 dúas sepulturas medievales rupestres, é dicir, escavadas directamente nunha peneda. Nun lugar relativamente próximo da Limia, contamos coa interpretación arqueolóxica de Antonio R. Colmenero sobre outro Muimenta, en Cualedro, que atribúe a “...varios sepulcros antropoides excavados en la roca, existentes en la cumbre de la colina”, sendo bastante probable, como no caso dos de val de Salas, que proporcionasen o nome do lugar. Estes sartegos´, datados por tipoloxía entre os ss. IX e XI -xa que non escavamos sitio- súmánse á gran riqueza arqueolóxica do territorio. Pero outros investigadores relacionan o topónimo con “munimenta” derivandoo do latino “munire”: fortificar. É o caso de E. Peralta Labrador no traballo “Los campamentos romanos de campaña (castra aestiva): evidencias científicas y carencias académicas”, publicado en 2002, sobre as “munimenta”, os campamentos itinerarios romanos -non os permanentes-, froito do avance das lexións polo noroeste. Debemos dicir que, en relación coas propostas de E. Peralta, a uns 2 km ao leste dos sartegos medievais de Muimenta, o equipo de “roman army” descubríu hai pouco tempo un probable campamento romano, o de Alto da Raia, aínda que cremos que son as sepulturas medievais as que lle dan sentido ao topónimo. Novas investigacións e filólogos dirán.

Contenido patrocinado

stats