Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Donde arde desde el neolítico
Aprimeira vez que vin un cemiterio de elefantes foi la película "O rei león". Aínda que o cemiterio que lles comente no é deste estilo. Nin dos que haberá de verdade en África. O cemiterio de elefantes (que así se lle chama a Cámara Alta) polos políticos habitan nel, serve como servizo paliativo previa á morte política do seu morador. O socialista, popular, comunista ou nacionalista que remate alí é por un agradecemento que o seu xefe lle fai polo traballo desenvolvido na súa comunidade ou concello correspondente.
Os senadores viven coas mesmas vantaxes cós deputados do Congreso que, se xa de por si nos parece en demasía, no Senado esta situación agrávase pola inutilidade da Cámara. Alguén, de verdade, sabe para qué serve o Senado? Para pechar bocas e para que sigan cobrando un soldo público cando a executiva dos seus partidos deciden poñer a outro no cargo de desempeñaban.
Pero, teño que teimar. Habería que esixir aos políticos que supriman esta Cámara porque é vergoñento que os senadores se aproveiten de seguros e fondos de pensións privados ou que se lles pague o avión ou o AVE cando case todos viven en Madrid. En definitiva, rematar coas "mamandurrias".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Donde arde desde el neolítico
Rosendo Luis Fernández
Dejen a los muertos ¡En paz!
Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
Privilegios
Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Xesús entristeceu
Lo último