Itxu Díaz
CRÓNICAS DE INVIERNO
El tiempo entre las despedidas y las bienvenidas
Logo da columna que escribín esoutro día baixo o título 'Mentiras e verdades sobre Celso Emilio Ferreiro', ó fío do debate -acendido debate, segundo teño entendido- que tivo lugar no Congreso dos Deputados entre Laura Seara e Ana Belén Vázquez por mor dunha serie de inexactitudes -resumámolo así- inseridas na exposición de motivos que presentou a primeira delas, faime chegar Luís Ferreiro -o fillo do poeta- un correo electrónico no que me adxunta un carné do PSOE, que -tal e como lle contestei ó agradecerlle o envío- non fai máis ca referendar as miñas -ata entón indocumentadas- sospeitas de que o achegamento filial de Celso Emilio Ferreiro ó PSOE non tivo lugar ata os últimos meses da súa vida.
Segundo o documento devandito, malia que daquela residía en Madrid (aínda que pasaba longas tempadas co seu fillo en Vigo), Celso Emilio Ferreiro afiliouse ó PSOE na agrupación de Vigo (co número 36-45-364) no mes de xuño de 1979, data a partir da cal o carné ten os selos que certifican o abono da cota, e conta con cinco cotas abonadas, é dicir, ata o mes de outubro, malia que o seu falecemento tivo lugar, como é coñecido, o 31 de agosto.
E se esta é a 'verdade' documentada, a verdade comentada recíboa da man do propio Luís Ferreiro, que me di literalmente isto: 'Celso e máis eu entramos ao mesmo tempo na UPG, despois no PSG e máis tarde no PSOE. A entrada no PSOE foi no ano 1978, cando xa ao PSG se dividira e deixara de existir (coido que foi no congreso de Lugo). O número de carné de Celso é xusto anterior ó meu, porque entramos xuntos'.
Deixo para unha terceira entrega -coido que tamén paga a pena falar diso- a relación de Celso Emilio coa UPG, a través da súa propia palabra.
E dito isto todo como preámbulo documental, permítame agora, benquerido lector, reflexionar -ou incidir- sobre o fondo da cuestión e non sobre a anécdota que pode supoñer que Celso Emilio Ferreiro estivese tres meses ou tres anos afiliado ó PSOE ou a calquera outra formación política.
Se a clase política ourensá quere homenaxear a Celso Emilio Ferreiro ou a calquera outro persoeiro, o máis honesto que pode facer -e tempo teñen para facelo- é documentarse. Pois non hai mellor homenaxe cá que leva implícita a verdade sobre os feitos.
E mentir ou falsear a realidade -xa sexa por erro, medias verdades ou voluntarias omisións- co único obxectivo de arrimar de forma interesada a brasa á sardiña partidaria de cada quen, ben a ser o mesmo ca mentirlle ó electorado. E, o que é peor, traizoar con aleivosía a memoria de quen xa non pode defenderse.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE INVIERNO
El tiempo entre las despedidas y las bienvenidas
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Escavacións arqueolóxicas nas orixes de Ourense: as Burgas (e III)
Rosendo Luis Fernández
¿Piove?, ¡Porco Goberno!
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
Los destellos de Sánchez
Lo último
PRIMERA VEZ EN MÁS DE 100 AÑOS
Reservas en Trives y Valdeorras con un año de antelación para ver el eclipse del 12 de agosto
24 MILLONES DE MULTA
La Audiencia juzga al capo de la red de tabaco ilegal de Coles
PRIMER PARTIDO AL FRENTE
Juanfran García, entrenador del CD Arenteiro: “No venimos aquí a vender cosas que no son reales”
ECLIPSE SOLAR TOTAL
La oscuridad total llegará a 15 concellos ourensanos