Rafael Torres
Una España serena
PINGAS DE ORBALLO
Restrinxín, limitei as visitas ó espazo sideral. Porque me perdía. E tardaba demasiado en encontrarme. Así, unha vez tras outra. Chegou o momento en que decidín poñerlle límites a esas viaxes, convencido de que, ás veces, tamén hai que saber regresar á terra.
E eu teño memoria. Aínda que ás veces ande perdido polo espazo sideral e polos recunchos dos pensamentos, do pasado, do presente e do propio tempo"
Aínda así, agora, non sei que é peor. Porque noto que, de cando en vez, consigo perderme sen necesidade de levantar os pés do chan: pérdome nos pensamentos. O outro día, por exemplo, ocorréuseme pensar que o proceder dunha parte do sector gandeiro en Galicia ten evidentes vestixios de esperpento. Van con quen van, cando non hai que ser un lince para decatarse de que, eses cos que van, sempre atoparon máis complicidade nos intereses dos grandes empresarios ca nos dos cidadáns de a pé.
En Galicia hai quen cre que con tres, dez ou quince vacas chegará a ser un gandeiro capitalista, un empresario do rural ou pouco menos ca un terratenente. A realidade é máis teimuda: son, simplemente, labregos. E non é o mesmo ser gandeiro ca ser labrego. Agora, o que queira entender que entenda.
Sigo perdido, pero sigo intentando atoparme. É complicado. A gratitude en silencio serve de pouco. Din que quen dá, non debería volver lembrar o que deu; pero quen recibe nunca debería esquecer. Moitos esqueceron. A inmensa maioría esqueceu. Pero, aínda que hai esquecementos que queiman, sempre haberá memorias que engrandecen.
E eu teño memoria. Aínda que ás veces ande perdido polo espazo sideral e polos recunchos dos pensamentos, do pasado, do presente e do propio tempo. Será precisamente o tempo quen acabe poñendo a cada quen no seu lugar. Antes, agora e máis adiante: o que queira entender que entenda.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Rafael Torres
Una España serena
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
A memoria dos que non esquecen
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Leer "Sin velo"
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
El músico policía y Carlos Barros
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Al borde de la III Guerra Mundial
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Volver a mirar