Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Da ingua á ponte das cepas
A cousa está moitísimo peor do que pensaba. O outro día, achegouse a ofrecerme traballo un mendigo. Tres mil euros ao mes, díxome, e por riba era certo, coma tamén era certo o que eu gaño. Acababa de sentarme na terraza dun chiringuito nunha cala de Ibiza. Deses que xa quedan moi poucos porque se podía pagar. Catro ou cinco mesas de plástico plantadas sobre a area. Pedín algo de beber e púxenme a mirar o mar, como se non tivese nada mellor que facer, ou como se na vida non existise nada mellor que facer. Non tiña ningunha pinta de andar buscando emprego.
O mendigo podía ter oitenta anos, pero tamén cento oitenta. Tiña a cara abrasada polo sol e os ollos enterrados en engurras, como un Shar Pei. Viume dende lonxe, ou me cheirou, e comezou a camiñar cara á miña mesa arrastrando os pés descalzos sobre a area. Vestía un bañador que debeu ser azul, e unha camiseta que algunha vez debeu ser vermella, e con manchas de algo parecido a aceite de motor. Apertaba na man un pano sucísimo que reducira ao tamaño dunha pelota de tenis, co que comezou a limpar, ou a ensuciar, a miña mesa. Hai que ter moito coidado porque os multimillonarios locais andan así, como mestres Yoda de beach club, e este, como souben de inmediato, era un deles.
“A min chámanme o flamenco”, soltou, e púxose a cantar
Supoño que o delataron as súas maneiras, porque sentou á mesa como se fose súa. “A min chámanme o flamenco”, soltou, e púxose a cantar, para que non tivera dúbidas de que estaba tolo. Cando rematou, contoume que o mellor que lle pasara na vida non fora o diñeiro, senón a súa participación a mediados dos noventa nun estrambótico concurso de televisión para artistas afeccionados, que presentaban Jordi Estadella e Marlene Morreau. “Roubáronme o premio”, lamentouse. E case de seguido, lamentouse doutra cousa. De que un dos seus empregados, o que poñía e quitaba as hamacas, e alugaba os patinetes, desaparecera de súpeto. De feito era o segundo que desaparecía en dúas semanas, como si os levase a marea.
O mendigo cría que eu podía ser unha boa fichaxe, supoño que para desaparecer. Ademais do soldo, dábame unha habitación, por iso souben que tiña apartamentos. E tamén un coche, por iso souben que tamén tiña coches. Unha oportunidade laboral así só podía ser ilegal. As condicións, ademais, eran moi sinxelas. O horario era indefinido. Ou de sol a sol. Ou ata que chovese, ou ata que anunciara que remataba o verán.
Logo presentoume de lonxe a súa muller. Unha anciá que non se separaba dunha prancha á que se reducía toda a cociña do chiringuito. Levaba alí de pé polo menos dende 1958. Colocando anacos de carne con tristeza, coma se estivese desfacéndose dun cadáver. Confeso que case aceptei o emprego, ata que me din conta de que estaba rematando o verán. E así llo dixen. Pero o mendigo miroume coma se non me crera.
De súpeto tiven a sensación de que aquel home quizais non coñecía outro lugar máis alá daquela cala. Nin outra roupa. E que igual ca a súa muller, repetía unha rutina dende que naceran. Un bo día sacáranos do campo por un capricho da marea ou de Manuel Fraga, e semellaba seguro de que outro capricho remataría con todo en calquera momento. Ou quizais xa non sabían facer outra cousa, como aquel rinoceronte que había no Bioparc de Valencia, que cando foi liberado da súa gaiola era incapaz de camiñar máis alá do círculo que durante toda a súa vida debuxaron os seus barrotes. Entón, o mendigo levantouse e comezou a camiñar sen despedirse, ou despedíndose cantando para sí algo de flamenco.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Da ingua á ponte das cepas
Candela Castrillo Rivas
MIS LUGARES
El cine de verano crea ágora
Ricardo F. Colmenero
O mendigo
Carlos Risco
LOS ASUNTOS IMPORTANTES
Sobre los antepasados
Lo último
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XLIV)
Galería | Comunicación de guerrilla
DERROTA ANTE EL PONFERRADINA
Juan Carballo, entrenador de la UD Ourense: "Mostramos lo que queremos ser esta temporada"