Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Ourense busca cocineros, el Real Madrid presidente
¡BUONE VISIONI!
Os biopics sempre tiveron un lugar especial dentro da produción cinematográfica. As ficcións sobre os músicos poden considerarse case un subxénero. Hai biopics musicais que teñen unha calidade indiscutible, incluso dentro dunha narrativa máis convencional. É o caso de “Amadeus” (1984) de Milos Forman -aínda que o cineasta reinventou as vidas de Mozart e Salieri -, ou de “En la cuerda floja” (2005) de James Mangold sobre a relación entre Johnny Cash e June Carter, así como “Control” (2007) de Anton Corbijn, un retrato en branco e negro do ídolo dark Ian Curtis, ou como a miniserie “Pistol” (2022) creada por Danny Boyle e Craig Pierce. Recentemente, poderíamos engadir “Springsteen: Deliver Me From Nowhere” (2025), un relato imperfecto sobre o momento depresivo e introspectivo na carreira de ‘The Boss’ ou “A complete Unknown” (2025) sobre os comezos musicais de Bob Dylan.
Nestes últimos anos, ao igual estreáronse outros biopics menos logrados como “Elvis” (2022) de Baz Luhrman - en realidade un filme biográfico sobre o coronel Parker-, “María Callas” (2024) de Pablo Larraín ou “Back to Black” (2024) de Sam Taylor-Johson, só por citar algúns. Filmes que quedan na superficie, que están apoiados case exclusivamente polas boas actuacións dos seus protagonistas e por unha banda sonora de grandes éxitos. É a sensación que queda despois de ver “Michael” de Antoine Fuqua, o biopic sobre Michael Jackson actualmente na carteleira. Fuqua é un director de cine estadounidense cunha longa traxectoria en Hollywood. Especialista no xénero thriller e na acción, realiza películas solventes, sen grandes ambicións artísticas e que compren perfectamente coas expectativas do cinema mainstream.
En beneficio do director habería que precisar que o proceso de postproducción da película foi bastante turbulento
O director mantén o mesmo enfoque para este biopic, que narra a carreira de Michael Jackson desde os The Jackson 5 ata a publicación de “Bad”, o terceiro álbum en solitario do artista. Cun guión esquemático e sen baches, o filme relata de forma lineal a evolución artística de Michael Jackson, poñendo o foco sobre os seus éxitos. É unha exaltación bastante plana e festiva que prioriza compracer aos seus fans, antes de meterse nalgunha controversia. A celebración do ídolo é demasiado evidente. Oculta calquera debate sobre as súas condutas extravagantes ou as acusacións de abuso sexual infantil.
En beneficio do director habería que precisar que o proceso de postproducción da película foi bastante turbulento. Sufriu cambios drásticos, especialmente no terceiro acto que incluía escenas sobre as denuncias de abuso sexual de Jordan Chandler do 1993. Por iso, probablemente, os últimos 15 minutos do filme -sen contar cos créditos finais- acaban convertendo a película nunha playlist en Dolby Atmos dos grandes éxitos de Michael Jackson: varios temas, de principio a final, gravados e montados na forma máis plana e convencional posible.
Máis aló da música, o filme ten o seu atractivo na extraordinaria interpretación de Jaafar Jackson (sobriño de Michael Jackson), e nas boas actuacións de Colman Domingo ou de Juliano Krue Valdi.
Antes dos créditos, o rótulo “su historia continúa” deixa entender que haberá unha segunda parte. Agardo, sen moita expectativa, que o filme terá un cambio de rexistro. Aínda que podería resultar interesante ver, a nivel creativo, como o director consiga esquivar, eliminar ou contar todo o material biográfico controvertido sobre Michael que lle vai a vir encima a partir dos anos noventa.
La cartelera se renueva hoy con una variada oferta. El terror cobra vida con “Bajo tus pies”, que protagoniza Maribel Verdú, mientras que el glamour llega de la mano de Alice Winocour en “Couture”, con Angelina Jolie. La música se cuela en las salas de cine con los documentales de Hombres G y Billie Eilish.
Para quienes buscan historias a caballo entre la ciencia ficción y la acción, la última entrega de “Mortal Kombat II” regresa al universo de la franquicia de videojuegos.
La comedia y el misterio estarán en “Las ovejas detectives”, del inglés Kyle Balda, mientras que el drama llegará a las salas de cine con la española “Yo no moriré de amor”, que cuenta con la dirección de Marta Matute para narrar la historia de Claudia, quien a sus 18 años, se enfrenta a la enfermedad de su madre.
Por otro lado, “Recreación de un asesinato” se basa en hechos reales para contar la historia de doce miembros de un jurado que deben decidir si el periodista británico Ian Bailey es culpable del asesinato de la cineasta francesa Sophie Toscan Du Plantier en 1996.
Además del terror “Bajo tus pies”, este género llega de la mano de “Escape inútil” o “La casa en el árbol”, una producción española.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Ourense busca cocineros, el Real Madrid presidente
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
La plaza de la biblioteca, un urbanismo de posibilidad
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Florentino sobre patines
Juan José Feijóo
Yolanda, yo sigo
Lo último